Responsive image 02-07-2022
Responsive image 988 388 100
Responsive image 09:00-14:00
Responsive image Praza Maior, 32005 Ourense

Sanidade

Sede da aréa de Sanidade

Rúa Vasco da Ponte nº 1 Ourense (32004)

Teléfono: 988 510 622

Horario: 9.00h a 14.00h

Área de goberno responsable: Política social

Últimas noticias:

Seccións

A continuación amósase unha listaxe de seccións que compoñen esta área. Podes obter máis información premendo sobre cada unha das seccións:

Programas para a comunidade educativa

Programa Vixía

Vixía é un programa de prevención selectiva de consumo de drogas para intervir directamente na comunidade educativa implicando ó profesorado, as nais e pais e, especialmente, a poboación adolescente.

Os datos da Enquisa Estatal sobre Consumo de Drogas entre Estudantes de Ensino Secundario en España (ESTIDES) de 2013 constatan que o inicio nos consumos de drogas tanto legais coma ilegais é entre os 14 e os 16 anos de idade.

Vixía diríxese fundamentalmente ao grupo-aula no que previamente se detectou unha situación de risco nalgún alumno/a.

A quén vai dirixido?

A alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obligatoria

Obxectivos

  1. Informar sobre as drogas (sobretodo alcohol, tabaco e cannabis) e os riscos asociados ao seu uso.
  2. Desmontar as crenzas distorsionadas sobre as drogas
  3. Recoñecer as presións sociais cara ao consumo
  4. Mellorar as habilidades para enfrontar situación de presión para consumir e a toma de decisión máis correcta e de menor risco.

Cómo se desenvolve?

  1. Á demanda dos centros educativos.
  2. Avaliación de necesidades específicas, de análise previa á execución do programa, para seleccionar os contidos máis axustados aos destinatarios.
  3. Estabelecemento dun cronograma de desenvolvemento cos orientadores.
  4. Unha sesión de 120 minutos con país, nais e profesorado.
  5. Intevención grupal co alumnado, en catro sesión de 90 minutos, en horario lectivo e cunha frecuencia semanal.
  6. As sesións teñen unha estrutura aberta e flexible

Cándo? Durante o curso escolar

Onde? No propio centro escolar.

Máis información

Programa de Saúde Materno Infantil

A Escola Municipal de Saúde a través do Programa de Saúde Materno Infantil achega una combinación de experiencias de aprendizaxe planificadas e destinadas a facilitar comportamentos saudábeis nun colectivo sumamente vulnerable: as nais e os bebés. Ten como principal finalidade a mellora cualitativa da saúde das familias centrándose no desenvolvemento de actitudes e comportamentos positivos que configuran os estilos de vida saudables.

Millorar a saúde física e emocional das mulleres embarazadas e dar un gran paso na promoción da saúde dos futuros cidadáns. Cada acción que realizamos polos nenos e nenas na súa infancia queda marcada para toda súa vida. Na medida na que protexamos o binomio nai-fillo, comezaremos co verdadeiro desenvolvemento da nosa sociedade.

A practica de actividade física moderada esta recomendada durante a xestación. Nun estado onde hai un aumento da actividade hormonal é fundamental, a practica de actividade física, xa que reduce dita actividade, conseguindo un maior equilibrio emocional, físico e psicoafectivo tanto na nai coma no bebe.

Algunas das melloras que proporciona a actividade física na muller embarazada son: o control no aumento de peso, a preparación da musculatura para o parto ,mellorando así a resistencia a dor, mellora a capacidade de coordinación da respiración, a disminución da frecuencia respiratoria, mellora a postura corporal, o ton e o volume muscular.


Documentos:


Servizos e Actividades do Programa

Obxectivos

O sobrepeso e a obesidade infantil son un problema mundial en aumento. En España a obesidade na poboacion infantil atópase entre as máis altas de Europa e Galicia está entre as comunidade que teñen unha das taxas máis altas de persoas con obesidade (23%) e sobrepeso (42%).

A evidencia científica sobre a relación entre o estado de saúde e os hábitos alimentarios, xunto coa incidencia actual da obesidade e das patoloxías relacionadas na poboación, xustifican o desenvolvemento do Programa Municipal de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade, que se enmarca na implementación da Estrategia de Promoción de la Salud y Prevención en el Sistema Nacional de Salud (SNS).

O Programa Municipal de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade ofrece recomendacións e apoio á ciudadanía sobre cómo facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables desenvolvendo distintas accións destinadas a fomentar a dieta saudable e actividade física regular aos colectivos máis vulnerables a través dunha metodoloxía participativa e coa implicación de sectores profesionais relacionados coa saúde, para reducir así o creciente problema do sobrepeso e a obesidade.

Proxectos

  1. Asesoramento nutricional para comedores
    1. Alérxenos alimentarios na restauración
    2. Manipulación de alimentos
  2. Cursos de Hixiene e Seguridade Alimentaria
  3. Punto de atención á lactancia
  4. Ioga,  pilates e actividades acuáticas para embarazadas
  5. Aula Alimentaria
    1. Obradoiros de alimentación saudable

Oficina Municipal de Información ao Consumidor - OMIC

Rúa Vasco da Ponte nº 1 

Teléfono: 988 388 129  Situar en mapa


A Oficina de Información ao Consumidor (OMIC) é un servizo gratuíto do Concello dedicado ao asesoramento, defensa e educación das/dos consumidoras/es, que ten a finalidade de promover o coñecemento e exercicio dos seus dereitos, cara á promoción e ó desenvolvemento de actitudes e condutas racionais e críticos en relación ao consumo de produtos e servizos.


Documentos:

Estratexia de Promoción da Saúde

O Concello de Ourense presenta a súa adhesión á Estratexia de Promoción da Saúde e Prevención no SNS co obxectivo de fomentar a saúde e benestar da poboación promovendo estilos de vida saudables e potenciando a seguridade, perseguindo a promoción da saúde e a prevención co gallo de gañar anos de vida en boa saúde

Esta Estratexia propón o desenvolvemento progresivo de intervencións identificadas como boas prácticas dirixidas a promocionar a saúde, previr enfermedades, lesións e discapacidade actuando de xeito integral sobre diversos factores como a actividade física, a alimentación, o alcohol e o benestar emocional.


Actuacións

    • Facilitar información de calidade para que todas as personas poidan desenvolver estilos de vida saudables. Recomendacións e apoio á cidadanía sobre cómo facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables.
    • Facilitar información e colaboración dos recursos (sanitarios ou non) disponibles na zona para promover estilos de vida máis saudables. Isto é “vincular o consello en estilos de vida aos recursos comunitarios”.
    • Focalizar estas acción na poboación infantil, durante o embarazo e lactancia; e na poboación adulta.
    • Para maiores de 70 anos desenvolveránse plans de seguimiento individualizado para a mellora da saúde e de prevención da fraxilidade. O obxectivo é que a poboación maior manteña o maior nivel de autonomía o máximo tempo posible.
    • O ámbito social considérase un contorno esencial para a Estratexia e para gañar saúde no municipio.

Documentos anexos

A importancia da familia nesta sociedade é evidente no contexto preventivo. A relevancia da actuación das nais e pais é primordial a hora de transmitir aos nenos valores, hábitos, actitudes e formas de comportamento que os fillos imitan de xeito consciente e inconsciente.

O eixo central das actividades é a sobreprotección dende a familia e as súas consecuencias como modelo parental negativo.

Os programas que presentamos dende a concellería de sanidade é en concreto dende prevención e promoción da saúde no ámbito familiar e que van destinados a nais, pais e educadores en xeral son:

Escola de Familias

Tratase de Apoiar aos educadores no proceso evolutivo, educativo e madurativo dos nenos/as dotándoos das ferramentas necesarias para favorecer un bo clima emocinal e de relación.

  • Presencial: Implementación directa en grupos nos centros que o soliciten.
  • Non presencial: entrega de unidades didácticas e boletíns.
  • De apoio: asesoramento e apoio a colexios, asociacións....que implementen a actividade.

Temporalización: setembro/xuño

Ocio en familia

Ofrecese a posibilidad ás familias de disfrutar de un ocio en común san, alternativo e de ocio e que facilite a conciliación familiar e laboral os fins de semana potenciando a curiosidade dos rapaces/as dun xeito lúdico.

Temporalización: maio/xuño

SMaFF (Servizo Municipal de apoio a familias con fillos)

Este servizo orienta, asesora, media e deriva, si é necesario, a familias con fillos que se atopen ante situacións puntuais de conduta que poidan afectar ao benestar e ao equilibrio psicisocial do grupo ao que pertencen.

Temporalización: continua de lúns a venres na concelleria de Sanidade.

Información ampliada sobre o SMaFF.

UCA. Unidade de Condutas Adictivas

A U.C.A (Unidade de Condutas Adictivas), anteriormente U.A.D (Unidade Asistencial de Drogodependencias do Concello de Ourense) creada no ano 1991 é un servizo ambulatorio de información, orientación e tratamento de drogodependencias no que se desenvolven diferentes tipos de programas terapéuticos en relación coas sustancias de consumo (heroína, cocaína, cánnabis...).

A U.C.A. está formada por un equipo interdisciplinar capaz de abordar as diferentes áreas implicadas na problemática de drogodependencias; Física, Psicolóxica, Educativa e Social procurando así unha asistencia bio-psico-social.

A intervención terapéutica é personalizada, previa avaliación de cada caso individual.

Accédese de forma directa e gratuíta, persoalmente ou chamando por teléfono para solicitar unha cita. Tamén se pode acceder derivado polo médico de cabeceira, Servizos Sociais ou desde outras institucións ou entidades que o soliciten.

A filosofía asistencial réxese polos criterios básicos de: Anonimato, Voluntariedad e Gratuidade da asistencia.

É un centro público que depende da Concellería de Sanidade do Concello de Ourense.

Coordínase coa Xunta de Galicia a través da Subdirección Xeral de Planificación e Programación Asistencial da Consellería de Sanidade, acolléndose aos plans de tratamento e ao sistema de avaliación implantados polo Plan de Galicia sobre Drogas.

A Unidade conta co Centro Asistencial As Burgas, como entidade colaboradora, para levar os casos de adiccións legais (alcol, tabaco, ludopatías, internet...).

Dirección

Complexo Hospitalario de Ourense. Hospital Sta. María Nai. R/ Ramón Puga, 52-56. 32005. Ourense.

Horario de atención ao público

De luns a venres de 9:00 a 14:00.

Contactos

  • Teléfonos de contacto: 988 369 828/ 988 369 829
  • Fax: 988 385 482

Área de influencia

É un servizo territorializado, a área de poboación que comprende son a dos residentes empadroados en Ourense capital e provincia, exceptuando a área de Valdeorras, que lle correspondería á Unidade de Monforte.

A realización dos tratamentos é libre e voluntaria, excepto naqueles casos nos que se demande un cumprimento alternativo da pena ou calquera medida por sentenza xudicial firme, nos que as condicións de restricións de liberdade están determinadas por un xuíz. Os menores de idade requiren exprésaa autorización paterna/materna ou do seu titor legal.

Unidade de Día

O obxectivo é o de completar o proceso de deshabituación e normalizar o día a día dos usuarios para que poidan incorporarse á sociedade de forma plena, e atendendo a todos os ámbitos: relacional, social e laboral.

Para iso conta coa Unidade de Día, dentro da Unidade Asistencial, na que levan a cabo diferentes actividades, tanto dentro como fóra dela.

Formación

Na UCA desenvólvense actividades formativas a través de convenios de colaboración coa Universidade de Vigo, UNED e outras entidades, para a formación de alumnos de facultades, escolas e centros educativos. Esta formación ten un formato teórico e práctico para establecer un primeiro contacto e completar noutros o desempeño profesional nesta área sociosanitaria das drogodependencias.