Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Cartel

A Xunta de Galicia actualiza as medidas e restricións pola pandemia de COVID-19.

Aquí podes consultar as que están en vigor no Concello de Ourense Web da Xunta de Galicia

 

A Xunta de Goberno Local, en sesión ordinaria de 21 de xaneiro de 2021, aprobou o Plan estratéxico de subvencións da Concellería de Saúde do Concello de Ourense.

Actualización 18/03/2021.

A Xunta de Galicia, seguindo as indicacións do comité clínico de expertos sanitarios, implementa desde o venres 19 de marzo novas medidas fronte á pandemia da COVID-19.

No caso dos concellos, como Ourense, nos que a incidencia é inferior a 150 casos por 100.000 habitantes, nos últimos 14 días, os cambios máis salientables son:

  • Amplíase o aforo da hostalería do 30 ao 50% no interior; e do 50 ao 75% nas terrazas. O horario límite de peche pasa das 18:00 ás 21:00 horas.
  • Amplíanse tamén os aforos en instalacións deportivas, centros culturais e lugares de culto, sen superar o 50%.

Por outra banda, e seguindo as obrigas e recomendacións acordadas a nivel estatal no Consello Interterterritorial de Saúde, Galicia continuará pechada perimetralmente, de tal xeito que só se permitirá entrar e saír da comunidade nas excepcións establecidas.

O toque de queda permanecerá nas 22:00 horas e as reunións estarán limitadas a seis persoas no exterior e a catro no interior, estando prohibidas as reunións de non conviventes nos domicilios.

DOCUMENTACIÓN

 

 

 

 

Cemiterio municipal

Á vista das medidas de prevención dos contaxios de COVID – 19 recentemente adoptadas pola Xunta de Galicia e publicadas no Diario Oficial de Galicia nº 16 bis de 26 de xaneiro de 2021, o Concello de Ourense adoptou as seguintes medidas concretas en relación cos cemiterios de titularidade municipal:

Casa do Concello

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, fai un chamamento á colaboración cidadá no cumprimento das normas ditadas pola Xunta de Galicia á vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial.

Medidas coronavirus desde 27 xaneiro 2021

Á vista da evolución epidemiolóxica e da situación asistencial, o comité clínico decidiu elevar toda Galicia ao nivel extremo de restricións que busca reducir ao mínimo a interacción social.

O Concello de Ourense sitúase no nivel máximo de alerta por Covid 19 logo de alcanzar na xornada de hoxe os 378 casos diagnosticados nos últimos 14 días. Por este motivo, a Xunta de Galicia acaba de anunciar novas restricións para o Concello de Ourense, igual que para o resto de grandes cidades galegas.

O Concello executará as obras de reforma e adaptación da canceira municipal. En xunta de goberno local desta mañá adxudicouse a contratación destas obras que, cun custe de de 179.500 euros -IVE incluído- e un prazo de execución de cinco meses, servirán para realizar unha reforma integral das instalacións, que crecerán no seu lado sur, e adaptalas á normativa vixente.

Convenio con Progape

A xunta de goberno local aprobou, na sesión celebrada esta mañá, un convenio de colaboración entre o Concello de Ourense e a asociación protectora de animais de Ourense, Progape, para a xestión do refuxio de animais abandonados, a recollida de animais abandonados ou errantes e o seu traslado ás instalacións do refuxio.

O Concello de Ourense, na actual situación de crise sanitaria, limitará o acceso aos cemiterios para a festividade de defuntos para minorar o risco de transmisión da COVID19.