A Consellería de Sanidade presenta a cuarta edición do Concurso “Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea”, destinado a alumnos da ESO do Concello de Ourense.
Bases
- Os participantes serán estudantes da ESO do Concello de Ourense
- Pódese concursar individualemnte ou en grupo cun máximo de dúas persoas
- Podese participar nunha ou en varias categorías, cun único desenvolvemento creativo
- O tema das propostas deberá estar relacionado con: “Por qué a lei prohibe beber alcohol aos menores de idade?”
- O xurado será nomeado pola Concellería de Sanidade e a súa decisión será inapelable.
- O Concello resérvase o dereito sobre os traballos presentados, que non se devolverán
Categorías
Haberá catro categorías:
- Un eslogan en galego ou castelán con cinco palabras como máximo para resumir a idea
- Unha acción en galego ou castelán para difundir a idea.
- Un microrrelato en galego ou castelán cunha extensión máxima de 150 palabras.
- Unha curtametraxe de non máis de UN minuto para gravar a idea
Plazo
As ideas entregaránselles até o 6 de abril aos titores ou pódense enviar á: Concelleria de Sanidade, rúa Vasco da Ponte, número un. 32.004. Ourense
A partires do mes de maio de 2018 poderánse difundir as ideas apuntadas