Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Programa SMaFF: Servizo Municipal de Apoio a Familias con fillos

A quen vai dirixido o servizo

A familias ante situacións difíciles ou conflitivas e problemas familiares puntuais que lle xeren angustia ou medos por condutas problema de inicio por parte dos seus fillos ou calquera membro da familia e así evitar a súa cronificación.

  • Problemas relacionais e conflito xeracional
  • Uso incipiente de drogas e presenza de problemas relacionados (baixo rendemento académico, condutas antisociais, inicio de comportamentos violentos etc...)

Metodoloxía:

  • Personalizada, individualizada, confidencial e gratuíta.
  • Activa e participativa.
  • En pequenos grupos, con necesidades similares.

Estratexias:

  • Escoita activa
  • Empatizar e tranquilizar
  • Valorar cada situación sen interferencias
  • Responder de maneira concreta
  • Rexistrar para a recollida de datos
  • Non etiquetar a conduta

Actuacións

  1. O servizo está a cargo de persoal cualificado (psicóloga, técnica de prevención e educación familiar)
  2. Aténdense as chamadas telefónicas de petición, dando ao usuario/a día e hora para manter unha entrevista de orientación presencial.
  3. Unha vez que o usuario/a accede ao servizo, aténdese a súa demanda persoalmente de forma clara, detallada e comprensible nun máximo de tres sesións salvo que se considere oportuno continuar polas súas características particulares.
  4. Finalizadas a ou as sesións, pódese dar por concluído o caso ou realizar unha derivación externa a outros recursos especializados da rede social que se axusten de forma máis adecuada ás necesidades dos usuarios.
  5. Pódense crear pequenos grupos de pais con características similares.
  6. Coa análise de todos os casos realízase un Observatorio de Condutas para elaboración de novas estratexias de prevención, de promoción de saúde e de intervención.

Factores de éxito comprobados

  • Proximidade: o Concello é a institución máis próxima ao cidadán e con máis recursos desde as súas distintas concellerías.
  • Inmediatez: poder atender o máis pronto posible para que sexa efectiva a intervención.
  • Voluntariedad: destácase a importancia da voluntariedade da familia tentando evitar na medida do posible os contextos de control se o que se quere conseguir é un cambio.
  • Importancia do sistema familiar como motor de cambio: a intervención procúrase desde a mediación entre todos os membros da familia e se é necesario coa escola para evitar a problematización do menor tentando non actuar de maneira focalizada sobre o conflito.
  • Bidireccionalidad: integración noutros programas xa existentes.
  • O Observatorio de Condutas: é moi válido para afrontar novas estratexias no campo da prevención e da promoción da saúde (campañas, xornadas,…).