Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

 

Máis de 650 escolares de cinco centros educativos e 20 familias da cidade participan, este curso 2018-19, nos programas de promoción da saúde e prevención de condutas adictivas que desenvolve a Concellería de Sanidade: o programa Vixía e a Escola de Nais e Pais, respectivamente. Actualmente, ambos continúan coa Máis de 650 escolares de cinco centros educativos e 20 familias da cidade participan, este curso 2018-19, nos programas de promoción da saúde e prevención de condutas adictivas que desenvolve a Concellería de Sanidade: o programa Vixía e a Escola de Nais e Pais, respectivamente.inscrición aberta, de forma gratuíta, para participar nalgunhas das súas actividades. “O que pretendemos con estes programas”, afirma o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, “é servir de apoio á educación escolar e formar e concienciar aos pais e ás nais da súa función educadora, establecendo criterios de actuación que apoien na súa tarefa de educar”.

Vixía é un programa de prevención e promoción da saúde dirixido ao alumnado da ESO, solicitado polos propios centros escolares, e que aborda temáticas de actualidade coma a das novas adiccións -información sobre as drogas máis comúns, pero tamén o xogo, as redes sociais ou o consumo compulsivo-; a sexualidade e o xénero – de que forma se relacionan, os mitos e os falsos mitos e a procura dunha sexualidade sá e pracenteira-; ou a materia Medrando con Internet, na que se coñecen as oportunidades e os riscos, así como a necesidade de controlar os contidos.

O programa impártese por profesionais da Educación a través de diferentes sesións co alumnado de unha a catro horas lectivas.

Máis información en Programa Vixía

A Escola de Nais e Pais, pola súa banda, nace a partir do papel indiscutible da familia no desenvolvemento integral da mocidade, por ser a única institución na que a persoa participa durante toda a súa vida. É factor clave para a transmisión de valores, costumes, hábitos e modelos de comportamento, así como en elemento de apoio, resolución de conflitos e sustento do estado del benestar, aseguran desde a Concellería de Sanidade.

De febreiro a xuño, tanto nos centros educativos coma nas dependencias municipais, abórdanse temas coma A familia ante a adolescencia; Familia e drogas; Internet, do uso ao abuso; e novas adiccións.

Toda a información sobre estes cursos, na Concellería de Sanidade, rúa Vasco da Ponte nº 1 ou no teléfono 988.510.622.