Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

O Concello de Ourense reforzará os servizos de cemiterios e as liñas de autobuses que conectan os mesmos para que a cidadanía poida achegarse a honrar os seus familiares na festividade de 'Fieis Defuntos'.Así, os camposantos municipais de San Francisco, As Caldas e de Santa Mariña permanecerán abertos ininterrompidamente todos os días -incluídos festivos- de 9:00 a 19:30 horas os días. Habitualmente, estas dependencias permanecen pechadas ao mediodía durante fines de semana e festivos.

 

O servizo de autobuses ampliará liñas e horarios con motivo desta festividade. O xoves 31 de outubro, venres 1 e sábado 2 de novembro haberá dúas liñas especiais desde a Estación de Autobuses e desde o Vinteún cara ao cemiterio de Santa Mariña, facendo parada tamén no de San Francisco.

Os horarios son os seguintes:

Especial 1: Vinteún (6ºInstituto) - Santa Mariña

Saídas Vinteún (6ºInstituto): 

  • 10:20 h.
  • 12:15 h.
  • 14:45 h.
  • 16:30 h.

Saídas Santa Mariña:

  • 11:30 h. 
  • 13:30 h. 
  • 15:30 h. 
  • 17:30 h.

Especial 2: Estación de buses - Santa Mariña

Saídas Estación de Autobuses:

  • 09:50 h. 
  • 11:30 h. 
  • 13:30 h. 
  • 15:30 h. 
  • 17:45 h.

Saídas Santa Mariña

  • 10:30 h. 
  • 12:30 h. 
  • 14:30 h. 
  • 16:30 h. 
  • 18:30 h.

Ademais destas dúas liñas, o Concello tamén reforzará a Liña 11 (Santa Mariña – Oira), que subirá até o camposanto ás 11:15 horas e ás 12:30 horas o vindeiro mércores 31 de outubro.

Servizos litúrxicos pola festividade de Fieis Defuntos: No Cemiterio de Santa Mariña, o 1 de novembro haberá misas ás 12:00 e ás 17:00 horas presididas polo bispo de Ourense; o 2 de novembro, misas ás 12:00 e ás 17:00 horas. No cemiterio das Caldas, o 1 de novembro haberá misa ás 16:00 horas presidida polo bispo de Ourense. No de San Francisco, a misa presidida polo bispo será o 1 de novembro ás 17:30 horas.