Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Esta mañá tivo lugar a primeira reunión da comisión de seguimento constituída por iniciativa da concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde, Eugenia Díaz Abella, co fin de aprobar a ordenanza que regule o consumo de alcohol nas rúas de Ourense. A concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde, Eugenia Díaz Abella, reuniu os grupos políticos e o presidente da Federación vecinal para convidalos a realizar achegas ao texto, -xa redactado no anterior mandato pero que non tivo o apoio necesario da oposición para a súa aprobación-, da Ordenanza Reguladora da Convivencia Cívica e a Protección da Sáude derivada do consumo, venda e publicidade do alcohol, a coñecida popularmente como “ordenanza do botellón”.

“Partimos dun traballo realizado no anterior mandato, onde o fundamental é enriquecer o texto co maior consenso posible, para conseguir unha ordenanza que sexa práctica, viable e que contribúa a regular un problema de convivencia cívica e de saúde”, sinala a concelleira Díaz Abella. Cabe lembrar que no proceso de elaboración deste texto, durante o pasado mandato municipal, a ordenanza estivo aberta á sociedade e contou cun proceso de consulta pública, aberto a achegas de asociacións e da cidadanía: vía web ou a través do Rexistro.

Logo da reunión desta mañá, que transcorreu nun clima de diálogo e vontade por chegar a acordos por parte de todos os grupos presentes, a concelleira Eugenia Díaz Abella emprazounos para despois de Reis para a seguinte reunión, na que xa se analizarán as achegas que queira aportar cada grupo, así como as reunión que a propia concelleira manterá con diferentes colectivos implicados neste asunto.