Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Quedar na casa na medida do posible, extremar a hixiene e, sobre todo, unha gran dose de 'sentidiño'. As autoridades sanitarias da Xunta de Galicia recomendan:

Hixiene de mans e hixiene respiratoria

  • Lavar as mans frecuentemente con auga e xabón ou utilizar unha solución hidroalcohólica.
  • Evitar tocar os ollos, o nariz e a boca se non se teñen as mans limpas.
  • Practicar unha boa hixiene respiratoria. É dicir, ao tusir ou esbirrar, tapar a boca e o nariz cun pano de papel, que inmediatamente hai que desbotar nunha papeleira, ou facelo contra a flexura do cóbado. Despois de tocar as secrecións respiratorias (despois de esbirrar, de tusir ou de usar panos) e/ou obxectos contaminados, deberanse lavar ben as mans.
  • De ter síntomas de infección respiratoria, como febre, tose, dificultade respiratoria ou dispnea, hai que afastarse doutras persoas e manterse a unha distancia de, polo menos, 2 metros.
  • Non se lles recomenda usar máscara como medida de protección a aquelas persoas que non estean enfermas ou que se atopen nun centro sanitario de acordo coas recomendacións que se establezan. Ao contrario, isto pode ser contraproducente e xerar unha sensación de seguridade que non é certa e, ademais, a súa manipulación pode motivar máis risco por contacto con nariz, boca ou ollos.
  • No caso das persoas máis fráxiles ou vulnerables, convén evitar, na medida do posible, espazos pechados cunha alta afluencia ou ocupación.

Sintomatoloxía
Os síntomas máis comúns da enfermidade polo coronavirus (COVID-19) son febre, tose, dificultade respiratoria e dispnea.

  • No caso de que nos 14 días seguintes á chegada dunha área de risco ou de estar en contacto cun caso de COVID-19 presente os síntomas descritos, recoméndase que non acuda directamente ao hospital nin ao centro de saúde: contacte telefonicamente.
  • No caso de que teña algunha dúbida ou necesite información respecto aos aspectos asistenciais do novo coronavirus ou se padece unha sintomatoloxía leve, pode chamar ao teléfono 900 400 116.
  • Aconséllase empregar o teléfono 061 con racionalidade e unicamente para situacións de emerxencia.