Ademais das clases prácticas, os alumnos deste curso visitarán o mércores 10 a Praza de Abastos nº1 onde coñecerán, da man da especialista en nutrición que imparte o curso, aspectos nutricionais dos alimentos, principalmente peixes e froitas, para aprender a distinguir os produtos frescos e de tempada. Coñecementos que aplicarán na última xornada do curso de volta á Aula.
O programa Boas prácticas alimentarias e prevención activa da obesidade ofrece recomendacións e apoio á cidadanía sobre como facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables desenvolvendo distintas accións destinadas a fomentar a dieta saudable e actividade física regular aos colectivos máis vulnerables a través dunha metodoloxía participativa e coa implicación de sectores profesionais relacionados coa saúde.
Curso de Hixiene e Seguridade alimentaria
nesta mesma liña, o departamento de Sofía Godoy organiza unha nova edición do Curso Hixiene e Seguridade alimentaria: Manipulación de alimentos, que se celebrará o vindeiro 16 de maio na Aula Municipal de Cociña en horario de mañá e tarde, dirixido especialmente aos profesionais da hostalaría.