Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

A Praza do Ferro será o venres 22 de nadal, escenario da actividade "Desfruta do Nadal", organizada polo Concello de Ourense, a través das concellerías de Sanidade e Xuventude, e a Xunta de Galicia, dentro da campaña de prevención de drogas e alcol.

 

Colocarase unha carpa de 3 x 3 metros na Praza do Ferro, onde dende as 23:00 ata as 02:00 da madrugada realizaranse actividades para mozos e mozas e darase información sobre prevención de substancias adictivas na mocidade.

Entre as 00:30 e 01:00 realizarase un espectáculo na propia praza a cargo da Escola de Baile de Ourense Estilo Libre, que colabora nesta campaña amosando o seu apoio á a diversión saudable dos mozos e mozas.

A actividade forma parte da programación de Nadal do Concello "Ourense con luz propia" e da campaña "A que xogas? Coñece as normas, ti decides", que realiza a Dirección Xeral de Saúde Pública, da Consellería de Sanidade a través do Servicio de Prevencion de Conductas adictivas.

Nesta campaña preténdese transmitirlle á mocidade información axeitada, contrastada e veraz sobre as substancias adictivas e promover un estilo de vida saudable coa peculiaridade de achegarnos a eles e a elas nos lugares de ocio nocturno e consumo de alcol.