Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, mantivo esta mañá unha xuntanza no salón de plenos do Concello coa presidenta do Colexio Oficial de Enfermaria de Ourense, Ascensión Pérez, e comunicoulle a vontade do Concello de colaborar na programación de actividades que o colexctivo ourensán desenvolverá ao longo de 2020 para celebrar os 100 anos da profesión enfermeira en Ourense.

O alcalde trasladoulle á presidenta o recoñecemento da veciñanza de Ourense ao labor fundamental que desenvolven a diario os enfermeiros e as enfermeiras de Ourense, e moi especialmente polo realizado durante a pandemia orixinada pola covid-19.

O colexio ourensán pretende celebrar os 100 anos que leva formando parte da cidade cunha serie de actividades que pretenden homenaxear e recoñecer o traballo realizado durante este século polo colectivo de profesionais da enfermaría en Oruense, levar a figura dos enfermeiros e das enfermeiras ás rúas da cidade e achegarlle a profesión á cidadanía. A efeméride dos cen anos da profesión enfermeira na cidade coincide tamén coa celebración este 2020 do Ano Oficial da Enfemeira e a Madtrona, que declarou a Organización Mundial da Saúde

As actividades terán un acto central que se desenvolverá nunha data especialmente significativa para Ourense, cercana á festividade de San Martiño, patrón da cidade e coordinarase cos que organizará o Concello nestas datas por esta celebración.