Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

A orde do 27 de xullo de da Consellería de Sanidade da Xunta de Galicia establece novas medidas de prevención para facer fronte á crise sanitaria ocasionada polo COVID-19 en relación coa chegada á Comunidade Autónoma de Galicia de persoas procedentes doutros territorios.

Asi, as persoas que cheguen á comunidade tras permanecer dentro do período de 14 días anteriores en territorios que posúan unha incidencia epidemiolóxica 3’5 veces superior á de Galicia deberán comunicar os seus datos ás autoridades sanitarias, independentemente de que sexan residentes na comunidade ou non. Deste xeito, Sanidade procura acadar un diagnóstico máis precoz de calquera infección polo virus, protexendo así a saúde dos cidadáns.

Afectaralles ás persoas que entren en Galicia procedentes de Aragón, Cataluña, Navarra, País Vasco, La Rioja no territorio español, así como os procedentes doutros países, que deberán comunicar os seus datos nas primeiras 24 horas no Espazo web do Sergas ou ao número de teléfono 881 00 20 21.

DOCUMENTACIÓN