Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, acordou cancelar todos os eventos que o Concello estaba a organizar para os meses de outubro e de novembro. Aínda que sexan tecnicamente viables, o rexedor dálle prioridade ás recomendacións sanitarias para evitar a expansión da COVID19. Esta decisión tomouse logo de reunirse con representantes da Consellería de Sanidade -Félix Rubial, xerente da Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, e Laura López del Castillo, xefa territorial da Consellería de Sanidade- na que, ademais das medidas de coordinación entre administracións, estivo sobre a mesa a celebración das tradicionais Festas dos Magostos, e a carreira pedestre popular do San Martiño.

“A carreira está supeditada a manter as condicións sanitarias na cidade”, afirma Pérez Jácome, malia que era un evento tecnicamente viable, como así se derivaba das reunións mantidas no día de onte coa Federación Galega de Atletismo e técnicos do Consello Municipal de Deportes. “Intentámolo até o último segundo”, afirma, pero “dada a situación non podemos provocar situacións de risco para a poboación”.

A axenda deportiva dos meses que veñen inclúe tamén a chegada de la Vuelta ciclista a España, evento que “non corre perigo de momento, porque ten un protocolo especial”, asegura o alcalde. “Non se prevén cambios, pero se a cousa empeorase moito habería que reconsideralo”, di.

Previsións a curto e medio prazo. As previsións que Félix Rubial Laura López lle adiantaron ao alcalde esta mañá, a situación é “a curto prazo moi pesimista, e a medio prazo, gris”. Por este motivo, Gonzalo Pérez Jácome afirmaba ao remate da reunión que se cancelan todos os eventos que produzan “risco de contaxios por agrupacións de persoas”.

Neste sentido, o alcalde apunta ao San Martiño, os Magostos, a unha programación de catro días festivos no mes de novembro -e nos que se tiña previsto organizar unha feira do viño con hostaleiros locais e presenza das catro denominacións de orixe da provincia, pinchos, animación, etc-.

“Queda no aire”, advirte, “a Cabalgata de Reis, da que se fará unha nova avaliación” nos vindeiros días, “e a celebración do Entroido”, cancelado en cidades coma Cádiz ou Río de Janeiro. “O que é seguro é que non poderá ser coma no ano pasado”, lamenta o rexedor.