Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no Concello a presidenta, María Isidora Gómez Segade, e representantes da Asociación Española contra o Cancro en Ourense. O rexedor interesouse polo traballo que desenvolve esta asociación na cidade e os proxectos que prevé poñer en marcha proximamente. Entre eles, o traslado da súa sede á rúa do Doutor Marañón, número 21, remodelando dous locais contiguos e comunicados entre si, que até hai pouco acollían un centro de ximnasia.

O alcalde considera moi interesante esta proposta, dado que achegará fisicamente a asociación ao Concello, ao emprazarse nunha rúa tan próxima ás dependencias municipais, e contribuirá coa súa actividade á dinamización do centro histórico da cidade.

O alcalde expresoulle á asociación ourensá a vontade do Concello de seguir colaborando nos proxectos que desenvolve a prol da veciñanza de Ourense.