Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

O Concello de Ourense sitúase no nivel máximo de alerta por Covid 19 logo de alcanzar na xornada de hoxe os 378 casos diagnosticados nos últimos 14 días. Por este motivo, a Xunta de Galicia acaba de anunciar novas restricións para o Concello de Ourense, igual que para o resto de grandes cidades galegas.

O toque de queda nocturno producirase unha hora antes, as 22.00 horas. O comercio terá que pechar ás 21.30 horas e a hostalaría deberá cerrar ás 18.00 horas, podendo servir unicamente nas terrazas, podendo facer uso do 50% da súa capacidade.

Outra restrición que resulta novidosa, comparando coas anteriores, é a supresión de mobilidade co concello veciño de Barbadás, xa que dende ás 00.00 horas do venres 15, non estará permitida, ao quedar o Concello de Ourense totalmente confinado perimetralmente.

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome “lamenta moito as restricións que a Xunta se viu obrigada a tomar” sen cuestionar as medidas e xerarquía sanitarias. Agarda o rexedor “que se poidan levantar pronto” e que “remitan” os contaxios. “É un golpe durísimo para toda a economía e para a sociedade” en xeral e agardemos que se solvente pronto e que a vacina nos ampare a todos”, remata o alcalde.