Actualización 26/02/2021. A Xunta de Galicia anuncia un descenso gradual e paulatino das medidas sanitarias en Galicia desde este venres, 26 de febreiro, suxeito á evolución epidemiolóxica de cada territorio.
Así, e como regra xeral en toda Galicia:
- Poderán volver a abrir os centros comerciais durante as fines de semana.
- O luns, 1 de marzo, volverán as clases presenciais nas universidades.
No caso de Ourense, que se atopa no terceiro nivel de alerta -no dos concellos cunha incidencia inferior a 250 casos por 100.000 habitantes-, permitiranse:
- As reunións de non conviventes, ata un máximo de 4 persoas.
- Poderá abrir a hostalería coa limitación interior do 30% e do 50% nas terrazas, coas barras pechadas e ata as 18,00 h, como horario límite para o peche.
- Estará permitida a mobilidade con aqueles concellos que se atopen no mesmo nivel.
- No ámbito deportivo, permitiráselles aos grupos de ata 4 persoas non conviventes a práctica deportiva, sempre con máscara; ademais, poderán abrir as instalacións deportivas, ximnasios e piscinas, sempre respectando cabidas, distancias, medidas de prevención e co uso permanente da máscara.
DOCUMENTACIÓN
- DECRETO 31/2021, do 25 de febreiro, polo que se adoptan medidas no territorio da Comunidade Autónoma de Galicia para facer fronte á crise sanitaria.
- ORDE do 25 de febreiro de 2021 pola que se establecen medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución da situación epidemiolóxica derivada da COVID-19 na Comunidade Autónoma de Galicia.