Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Ourense continúa como municipio con restricións de nivel medio-baixo en relación coa pandemia da COVID-19, de acordo coa últimas disposicións aprobadas pola Xunta de Galicia e publicadas no Diario Oficial de Galicia nº69-bis, do 14 de abril de 2021

  • Limitación horaria nocturna: o toque de recolla pasa a ser ás 23.00 horas. POlo tanto, non será posible saír do domicilio entre as 23.00 e as 06.00 horas.

  • Progresiva apertura das residencias: Até tres visitas semanais por residente, sempre de un en un e con cita previa. Sen límite de achegados. As persoas usuarias de residencias poderán saír até tres veces por semana, cunha duración máxima de catro horas por saída.

  • Amplíase o horario de restaurantes. Mantense o tope de apertura de bares ás 21:00 horas, pero os locais de restauración poderán servir ceas até as 23.00 horas sempre que conten con licencia de restaurante, funcionen con cita previa, conserven rexistro de clientes, garantan a calidade do aire e controlen o CO2 (obrigatorio desde a última semana de abril).

    O límite de ocupación é do 75% en terrazas e do 50& en interiores.

Toda a información sobre medidas e restricións sanitarias pódese consultar na Páxina web de información sobre o coronavirus da Xunta de Galicia