Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

A cidade de Ourense -ao igual que a veciña Barbadás- atópase no nivel alto de restricións pola pandemia pola incidencia acumulada de casos positivos por COVID19. As medidas previstas na Orde do 15 de xullo da Xunta de Galicia teñen efecto desde as 00:00 horas do día 17 de xullo de 2021 e establecen, entre outras, as seguintes:

  • Recomendación de grupos: seis persoas en espazos pechados e dez persoas ao aire libre, agás conviventes.

  • Os parques e xardíns públicos e praias pecharán entre as 00:00 e as 06:00 horas. (Lei 8/2008, do 10 de xullo)

  • Non está permitido o consumo no interior dos establecementos de hostalaría e restauración

  • Terrazas en establecementos de hostalaría e restauración: 50%

  • A máscara será obrigatoria en todo momento para as persoas de seis ou máis anos en espazos pechados de uso público ou abertos ao público, aínda que se poida garantir a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

  • Na vía pública e en espazos ao aire libre, e en ambos casos , cando a aglomeración de persoas impidan manter a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.

  • Nos medios de transporte públicos e privados complementarios de viaxeiros en vehiculos de ata nove prazas.

  • Nas actividades no ámbito laboral desenvolvidas en espazos interiores , comúns ou de uso colectivo ou en calquera outra dependencia en que estean varios traballadores/as e/ou clientes será tamén obrigatorio o seu uso.

  • Tamén será obrigatoria para os accesos, desprazamentos e paseos nas praias e piscinas, cando se produzan aglomeracións de persoas que impidan a distancia de seguridade interpersoal de 1,5 metros.… así como nos vestiarios.

  • Bibliotecas e arquivos, museos, salas de exposición, monumentos e outros equipamentos culturais: 75% da súa capacidade máxima permitida. Actividades culturais: 10 persoas no interior e grupos de ata 20 persoas no exterior sexan ou non conviventes excluído o monitor ou guía.

  • No caso das piscinas ao aire libre e cubertas: 50% da capacidade máxima


Podes consultar as restricións no espazo web da Consellería de Sanidade: [Medidas - Nivel Alto]