Programas para a comunidade educativa
Programa Vixía
Vixía é un programa de prevención selectiva de consumo de drogas para intervir directamente na comunidade educativa implicando ó profesorado, as nais e pais e, especialmente, a poboación adolescente.
Os datos da Enquisa Estatal sobre Consumo de Drogas entre Estudantes de Ensino Secundario en España (ESTIDES) de 2013 constatan que o inicio nos consumos de drogas tanto legais coma ilegais é entre os 14 e os 16 anos de idade.
Vixía diríxese fundamentalmente ao grupo-aula no que previamente se detectou unha situación de risco nalgún alumno/a.
A quén vai dirixido?
A alumnos de 3º e 4º de Educación Secundaria Obligatoria
Obxectivos
- Informar sobre as drogas (sobretodo alcohol, tabaco e cannabis) e os riscos asociados ao seu uso.
- Desmontar as crenzas distorsionadas sobre as drogas
- Recoñecer as presións sociais cara ao consumo
- Mellorar as habilidades para enfrontar situación de presión para consumir e a toma de decisión máis correcta e de menor risco.
Cómo se desenvolve?
- Á demanda dos centros educativos.
- Avaliación de necesidades específicas, de análise previa á execución do programa, para seleccionar os contidos máis axustados aos destinatarios.
- Estabelecemento dun cronograma de desenvolvemento cos orientadores.
- Unha sesión de 120 minutos con país, nais e profesorado.
- Intevención grupal co alumnado, en catro sesión de 90 minutos, en horario lectivo e cunha frecuencia semanal.
- As sesións teñen unha estrutura aberta e flexible
Cándo? Durante o curso escolar
Onde? No propio centro escolar.
Máis información