O traballo, a rutina, a falta de tempo fan que non podamos compartir cos nosos fillos e fillas todo o tempo de ocio que desexaríamos.
A Concellería de Sanidade co programa de "Ocio en familia" quere ofrecer a posibilidade as familias de Ourense de disfrutar dun ocio en común san, alternativo e divertido, que facilite a conciliación familiar os fins de semana.
Ademáis tenta ser una resposta a demanda dos nenas e nenas de pasar máis tempo con seus proxenitores, e dos mesmos para coñecer alternativas de ocio saudable.
En "Ocio en familia" poderáse disfrutar de actividades para todos e todas nás que se pode descubrir a nosa cidade, practicar deporte e compartir diferentes obradoiros potenciando a curiosidade dos rapaces/as dun xeito lúdico.