Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Con motivo da conmemoración do Día mundial dos animais a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense en colaboración coa Protectora de animais Progape desenvolve unha campaña de promoción da adopción responsable de animais abandonados.

Con motivo da conmemoración do Día mundial dos animais a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense en colaboración coa Protectora de animais Progape desenvolve unha campaña de promoción da adopción responsable de animais abandonados.

Co lema “Sé responsable: ADOPTA, COLABORA”, a campaña q chama a cidadanía a implicarse ante o abandono destes animais _no albergue municipal están acollidos na actualidade uns 350 cans e un cento de gatos_, lembrando ás persoas que esten interesadas en colaborar que poden facelo de diferentes xeitos: acoller temporalmente na vivenda, facerse voluntarias, apadriñar unha mascota ou adoptar responsablemente

Tamén no marco desta campaña organízanse paseos solidarios de mascotas abandonadas, os martes e xoves ás 17.30 e os sábados e domingos ás 11.30h na contorna do Centro Municipal de recollida de animais abandonados.

As actividades comezaron o sábado 6 de outubro cunha Andaina de mascotas abandonadas, actualmente aloxadas no centro municipal de acollida, unha recollida solidaria de alimentos para animais abandonados, unha exhibición de Graffitis en vivo, a cargo de Tareixa Taboada, Abraham Caride e Rafa Jurado e unha exposición das fotografías do II Concurso de Fotografía Mascotas Adoptadas Responsablemente Concello de Ourense.