Sanidade
Áreas
A Escola Municipal de Saúde a través do Programa de Saúde Materno Infantil achega una combinación de experiencias de aprendizaxe planificadas e destinadas a facilitar comportamentos saudábeis nun colectivo sumamente vulnerable: as nais e os bebés. Ten como principal finalidade a mellora cualitativa da saúde das familias centrándose no desenvolvemento de actitudes e comportamentos positivos que configuran os estilos de vida saudables.
Millorar a saúde física e emocional das mulleres embarazadas e dar un gran paso na promoción da saúde dos futuros cidadáns. Cada acción que realizamos polos nenos e nenas na súa infancia queda marcada para toda súa vida. Na medida na que protexamos o binomio nai-fillo, comezaremos co verdadeiro desenvolvemento da nosa sociedade.
A practica de actividade física moderada esta recomendada durante a xestación. Nun estado onde hai un aumento da actividade hormonal é fundamental, a practica de actividade física, xa que reduce dita actividade, conseguindo un maior equilibrio emocional, físico e psicoafectivo tanto na nai coma no bebe.
Algunas das melloras que proporciona a actividade física na muller embarazada son: o control no aumento de peso, a preparación da musculatura para o parto ,mellorando así a resistencia a dor, mellora a capacidade de coordinación da respiración, a disminución da frecuencia respiratoria, mellora a postura corporal, o ton e o volume muscular.