Sanidade
Áreas
O sobrepeso e a obesidade infantil son un problema mundial en aumento. En España a obesidade na poboacion infantil atópase entre as máis altas de Europa e Galicia está entre as comunidade que teñen unha das taxas máis altas de persoas con obesidade (23%) e sobrepeso (42%).
A evidencia científica sobre a relación entre o estado de saúde e os hábitos alimentarios, xunto coa incidencia actual da obesidade e das patoloxías relacionadas na poboación, xustifican o desenvolvemento do Programa Municipal de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade, que se enmarca na implementación da Estrategia de Promoción de la Salud y Prevención en el Sistema Nacional de Salud (SNS).
O Programa Municipal de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade ofrece recomendacións e apoio á ciudadanía sobre cómo facer que os seus estilos de vida sexan máis saudables desenvolvendo distintas accións destinadas a fomentar a dieta saudable e actividade física regular aos colectivos máis vulnerables a través dunha metodoloxía participativa e coa implicación de sectores profesionais relacionados coa saúde, para reducir así o creciente problema do sobrepeso e a obesidade.