Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

 

"Ocio en familia" e un programa de carácter preventivo que quere ofrecer a posibilidade as familias de gozar dun tempo de lecer san, alternativo e divertido, que facilite a conciliación familiar durante as fins de semana. Tenta tamén darlle resposta ao desexo de nenas e nenos de pasar máis tempo con nais e pais cun ocio saudable.

En "Ocio en familia" poderase gozar de actividades para toda a familia nas que se pode descubrir a nosa cidade, practicar deporte e compartir diferentes obradoiros potenciando a curiosidade dos rapaces dun xeito lúdico

Poderán participar familias de Ourense con fillos e fillas de ata 14 anos. Hai 50 prazas por actividade, coa posibilidade de inscribirse en cada unha delas ou en todas ata o día 16 de maio.

  • 25/5/2019 ALIMENTA A SAÚDE (10:00 a 13:00 horas): Compartir coa rapazada a preparación dun menú para toda a semana con produtos da época e de proximidade visitando o rianxo da nosa praza de abastos.
  • 26/5/2019 XOGOS PARA COMPARTIR (10:00 a 13:00 horas): Retomar os xogos de sempre compartíndoos coa cativada, para favorecer a comunicación nun ambiente lúdico e o aire libre competindo coas demais familias para favorecer un bo proceso de socialización
  • 2/6/2019 MIRA OURENSE CON OUTROS OLLOS (10:00 a 13:00 horas): Percorrer a zona antiga da cidade con visita guiada á catedral, os panteóns de galegos ilustres no cemiterio, o claustro de San Francisco e o museo arqueolóxico, e rematar a visita no museo do ferrocarril onde a rapazada poderá gozar de viaxes non mini trens da Asociación Carrileiros de Foula.
  • OS CAMIÑOS DA AUGA (10:00 a 13:00 horas): Aproveitando os recursos termais que ofrece a nosa cidade se realizará unha ruta para coñecelos.
  • 9/6/2018 A LUZ DA LÚA 15/6/2018 (10 a 12): Percorrido nocturno guiado polos arredores da cidade para observar a estrelas ou simplemente para mirar a cidade dende a altura.

Con estas actividades perséguense como obxectivos mellorar o potencial educativo das familias dun xeito lúdico, previr condutas de risco cun ocio san, potenciar a comunicación entre a totalidade de integrantes das familias. Tamén se dan alternativas de lecer tanto culturais coma lúdicas para rendibilizar o tempo en común.