Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Educación Familiar - Servizos ás Familias

A importancia da familia nesta sociedade é evidente no contexto preventivo. A relevancia da actuación das nais e pais é primordial a hora de transmitir aos nenos valores, hábitos, actitudes e formas de comportamento que os fillos imitan de xeito consciente e inconsciente.

O eixo central das actividades é a sobreprotección dende a familia e as súas consecuencias como modelo parental negativo.

Os programas que presentamos dende a concellería de sanidade é en concreto dende prevención e promoción da saúde no ámbito familiar e que van destinados a nais, pais e educadores en xeral son:

Escola de Familias

Tratase de Apoiar aos educadores no proceso evolutivo, educativo e madurativo dos nenos/as dotándoos das ferramentas necesarias para favorecer un bo clima emocinal e de relación.

  • Presencial: Implementación directa en grupos nos centros que o soliciten.
  • Non presencial: entrega de unidades didácticas e boletíns.
  • De apoio: asesoramento e apoio a colexios, asociacións....que implementen a actividade.

Temporalización: setembro/xuño

Ocio en familia

Ofrecese a posibilidad ás familias de disfrutar de un ocio en común san, alternativo e de ocio e que facilite a conciliación familiar e laboral os fins de semana potenciando a curiosidade dos rapaces/as dun xeito lúdico.

Temporalización: maio/xuño

SMaFF (Servizo Municipal de apoio a familias con fillos)

Este servizo orienta, asesora, media e deriva, si é necesario, a familias con fillos que se atopen ante situacións puntuais de conduta que poidan afectar ao benestar e ao equilibrio psicisocial do grupo ao que pertencen.

Temporalización: continua de lúns a venres na concelleria de Sanidade.

Información ampliada sobre o SMaFF.