Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Programa Vixía

Máis de 650 escolares de cinco centros educativos e 20 familias da cidade participan, este curso 2018-19, nos programas de promoción da saúde e prevención de condutas adictivas que desenvolve a Concellería de Sanidade: o programa Vixía e a Escola de Nais e Pais, respectivamente.

XGL

O Concello de Ourense aprobou o Proxecto de reforma e adaptación á normativa vixente da Canceira Municipal, unha obra que contará cun orzamento de preto de 220.000 euros, e que vai supoñer unha gran transformación das actuais instalacións co obxectivo de mellorar a atención que reciben os animais acollidos nestas instalacións, así como a súa seguridade.

Tarjeta SMaFF

Programa SMaFF: Servizo Municipal de Apoio a Familias con fillos

O alcalde Jesús Vázquez durante a presentación da Campaña de Gripe de Salubrízate

O Concello colabora coa campaña “Salubrízate contra a gripe”, que lle achegará á cidadanía información para previr esta enfermidade a través de charlas en centros cívicos, centros de saúde e asociacións de veciños. "As accións teñen como obxectivo concienciar e formar á sociedade de que hai hábitos do día a día para evitar ese contaxio. Queremos que Ourense sexa recoñecida como unha cidade con hábitos saudables”, sinalou o alcalde Jesús Vázquez

Campaña adopción animais

Con motivo da conmemoración do Día mundial dos animais a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense en colaboración coa Protectora de animais Progape desenvolve unha campaña de promoción da adopción responsable de animais abandonados.

Fachada Concello

Un ano máis a Concellería de Sanidade vai a desenvolver os programas de promoción da Saúde e prevención de condutas adictivas

  • Programa Vixia dixido ó alumnado da ESO.
  • Programa “Escola de Pais e Nais”, dirixido a Nais, pais e axentes educadores, que este ano será en formato obradoiros, para o curso 2018/19.

Para máis información podedes poñervos en contacto coa concellería de sanidade chamando ao número de teléfono 988 510622 ou correo: Este enderezo de correo está a ser protexido dos robots de correo lixo. Precisa activar o JavaScript para velo.

 

Documentos dos programas

 

Concellería de Sanidade.

O artigo 10 do Real Decreto 887/2006, determina que os Plans Estratéxicos de Subvencións son un instrumento de planificación das políticas públicas. O da Concellería de Sanidade do concello de Ourense é un instrumento preceptivo, de carácter programático, cuxo obxectivo é a racionalización do gasto público na concesión das subvencións que se articulan desde o Concello de Ourense.

Fachada Concello

O traballo, a rutina, a falta de tempo fan que non podamos compartir cos nosos fillos e fillas todo o tempo de ocio que desexaríamos.

Foto cartel campaña

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense no marco do programa de prevención do consumo de alcohol, e outras drogas na mocidade, convocó o 5º concurso de prevención de consumo de alcohol dos menores Apuntate unha idea. Desmonta o Alcol.

Logo del Plan de Salud

No marco do disposto no art. 133 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense, formula esta consulta pública previa para a participación da cidadanía no procedemento de elaboración da “Ordenanza Municipal reguladora “da convivencia cívica e protección da saúde do consumo, venda, publicidade e/ou promoción de bebidas alcohólicas no espazo público do concello de Ourense”