Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Cartaz da obra de teatro

O Auditorio de Ourense acollerá os días 20 e 21 de marzo a representación da obra de teatro "Non é para tanto", a cargo de A Roda Teatro Social. Trátase dunha actividade do programa Tetro Saúde da Concellaría de Sanidade, coa que se pretende que os mozos teñan ferramentas para identificar e loitar contra o acoso escolar.

Jesús Vázquez e Sofía Godoy visitan o albergue de animais

O Concello está a elaborar unha memoria valorada das actuacións que se levarán a cabo para mellorar as instalacións do albergue de animais

Logo de Desmonta o Alcohol

A Consellería de Sanidade presenta a cuarta edición do Concurso “Desmonta o alcohol. Apúntate unha idea”, destinado a alumnos da ESO do Concello de Ourense.

Logo da Escola de Nais e Pais

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense pon en marcha unha nova edición da Escola de Nais e Pais, un programa que ten como finalidade apoiar a proxenitores e educadores no labor fundamental na educación da cativada.

Ourense. Nadal con luz propia

A Praza do Ferro será o venres 22 de nadal, escenario da actividade "Desfruta do Nadal", organizada polo Concello de Ourense, a través das concellerías de Sanidade e Xuventude, e a Xunta de Galicia, dentro da campaña de prevención de drogas e alcol.

Logo do Foro

Permanece aberto o prazo de inscrición para o foro 'Solucións concretas ao problema do botellón', unha reunión de expertos de campos tan diversos coma os servizos sociais, a sanidade e condutas adictivas, colectivos xuvenís, seguridade, educación, psicoloxía e socioloxía, xunto a representantes do Concello de Ourense, que se celebrará este xoves 14 de decembro nas dependencias da Xunta de Galicia na nosa cidade (Casa de Chocolate).

MUPI do programa Quero Normas

O Concello de Ourense vén de presentar os cinco programas de Familia da Concellería de Sanidade, que se promocionan desde o 24 de outubro a través da campaña “Educa en respecto e Solidariedade”, e cos que pretenden orientar as nais e pais da cidade na educación dos seus fillos.

Presentación da campaña "Recicla por elas".

O Concello de Ourense e Ecovidrio, a entidade sen ánimo de lucro encargada da xestión da reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España, poñen en marcha a campaña "Recicla vidro por elas". Unha iniciativa que ten como obxectivo mobilizar aos cidadáns a reciclar vidro e contribuír así cunha causa solidaria e loitar contra o cancro de mama, cuxo día se celebra o 19 de Outubro.

Cartaz do curso

O 24 de outubro, a sede do ICOMOu (juan XXIII, 19 entrechán) acollerá a xornada “Menores e alcohol. Identificació precoz e intervención breve na Atención Primaria e outros ámbitos sanitarios” organizada pola Cocellería de Sanidade en colaboración co Colexio Oficial de Médicos de Ourense e a Xunta de Galicia.

Folleto de Cine e Saúde

A Concellería de Sanidade presenta unha nova edición do ciclo Cine e Saúde, que contará coa proxección de cinco filmes entre os meses de outubro e maio.