Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Firma do convenio entre o Concello e a Asociación de Persoas Xordas de Ourense.

O Concello de Ourense e a Asociación de Persoas Xordas de Ourense (APSOU) veñen de asinar un acordo marco para a formación específica ante situacións de emerxencia a través do Servizo municipal de Extinción de Incendios e de Salvamento ou calquera outra situación na que se faga precisa a intervención dos Bombeiros.

Concello de Ourense

O Concello de Ourense, a través da Concellería de Sanidade, leva a cabo o programa Escolle, unha actividade preventiva e de formación dirixido aos mozos e mozas menores de idade con denuncias por consumo de alcol en lugares públicos. “Trátase dunha alternativa á sanción económica, pero tamén de inculcarlles valores positivos e aumentar a percepción de risco asociado ao consumo de alcol”, en palabras da concelleira Sofía Godoy.

Sofía Godoy en rede con Jón Sigfusson

O Concello de Ourense avanzou, a través da área de Sanidade, a posta en marcha do programa Youth in Europe para a diagnose consumo de alcol e drogas entre adolescentes (15/16 anos) na cidade. O programa está baseado nas políticas islandesas, que desde vai dúas décadas realizan intervencións drásticas, directas e globais que conseguiron un entorno máis saudables para a adolescencia. En España, Tarragona é a única cidade que está a desenvolver este programa piloto.

Curso para embarazadas

A Concellería de Sanidade vén de abrir o prazo para anotarse nos cursos para embarazadas que se desenvolverán, debido á demanda existente, no mes de xullo.

Cartel do Obradoiro "Como actuar no caso de emerxencias"

A Concellería de Sanidade organiza, para o mércores 21 de xuño, un obradoiro para ensinar "Como actuar no caso de emerxencias", no marco do programa Boas prácticas alimentarias e prevención activa da obesidade.

Presentación da campaña

Informar, concienciar e sensibilizar sobre a responsabilidade de ter animais é o obxectivo da I xornada de adopción responsable, o domingo día 11 de xuño, na parte superior do Centro Comercial Ponte Vella, de 11,00 a 21,30 horas.

Logo de Desmonta o Alcohol

O salón de plenos acolleu a entrega dos premios da cuarta edición do 'Desmonta o alcohol, apúntate unha idea', no que a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense convida a mocidade ourensá a reflexionar sobre a problemática do abuso do consumo de alcol a través dun concurso de ideas.

Curso de manipulación de alimentos

A Concellería de Sanidade organiza, para os vindeiros 9, 10 e 11 de maio, un curso sobre Manipulación de Alimentos dirixido a persoas con discapacidade no marco do programa Boas prácticas alimentarias e prevención activa da obesidade. Unha vintena de persoas pertencentes á asociación ADO de Ourense asistirán, en horario de 10:00 a 13:00 horas, á Aula de Cociña de Vasco da Ponte 1.

Curso de manipulación de alimentos

O Concello de Ourense, a través do departamento de Sanidade, organiza unha nova edición do Curso Hixiene e Seguridade alimentaria: Manipulación de alimentos, enmarcada nas actividades do Programa Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade 2017. O curso, que se celebrará o vindeiro 16 de maio na Aula Municipal de Cociña (rúa Vasco da Ponte) está aberto para todas as persoas interesadas que estean empadroadas no Concello de Ourense, e para anotarse -a actividade é gratuíta- haberá que facelo a través do Rexistro Xeral do Concello de Ourense.

Escola de Nais e Pais.

Os problemas da adolescencia, internet, a sexualidade e as drogas serán os temas que tratará durante o mes de maio o programa Escola de Nais e Pais, organizado pola Concellería de Sanidade do Concello de Ourense.