Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Sanidade

Áreas

Facebook de Sanidade

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense ven de desembarcar nas redes sociais (Facebook, Twitter e Instagram) co gallo de achegarse ainda máis aos cidadáns e para dar a coñecer todas as novidades dos seus programas.

Presentación da andaina

O Salón de Plenos do Concello de Ourense acolleu o acto de presentación do Día Mundial da Saúde, que se celebra o 7 de abril de cada ano para conmemorar o aniversario da Fundación da Organización Mundial da Saúde (OMS), e que contou coa asistencia de 33 asociacións do ámbito da Sanidade en Ourense, incluída a presenza da corporación municipal.

Folleto da Semana do Mar

A aula municipal de cociña do Concello de Ourense (situada na rúa Vasco da Ponte, 1), acollerá desde o luns, 3, ata o 21 de abril, a "Semana do Mar de Ourense", conformada por un programa de actividades que teñen como finalidade promocionar e dar a coñecer a calidade dos produtos galegos do mar

Escola de Nais e Pais.

A sobre protección paterno filial é o tema central dun ciclo de obradoiros formativos, que organizará durante o mes de abril a Concellería de Sanidade do Concello de Ourense dentro do programa Escola de Nais e Pais.

Cartel do Concurso de Mascotas Adoptadas

A Concellería de Sanidade ten aberto ata o próximo martes, 21 de marzo o prazo de presentación de traballos para o Segundo Concurso Fotográfico Mascotas Adoptadas, unha iniciativa aberta a calquera persoa maior de 18 anos que adoptase un animal no albergue municipal.

As charlas tamén terán lugar nos Centros Cívicos

A Oficina Municipal de Información ao Consumidor (OMIC), no marco da celebración do Día Mundial do Consumidor, porá en marcha nas súas dependencias, en asociacións veciñais e Centros Cívicos, charlas e obradoiros sobre as materias que suscitan un maior número de consultas e reclamacións coa finalidade de informar e formar ós consumidores máis vulnerables naquelas materias nas cales son vítimas dos abusos na súa faceta como consumidores.

Cartel do Curso

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense informa sobre o Curso de Actuacións en caso de Emerxencias e Sistemas de Retención Infantil, que terá lugar o vindeiro 30 e marzo, dentro do programa de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade.

Cartel do Curso

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense recorda que está aberto o plazo para inscribirse no curso adicado a coñecer os Alérxenos Alimentarios, dentro do programa de Boas Prácticas Alimentarias e Prevención Activa da Obesidade.

Folleto do programa Escola de Nais e Pais

A Concellería de Sanidade do Concello de Ourense organiza un ciclo de obradoiros formativos que se desenvolveran ao longo de mes de marzo na cidade, dirixidos ás familias. Esta actividade dará inicio a unha nova edición do programa municipal Escola de Nais e Pais, que pretende axudar a proxenitores e educadores na súa laboura fundamental na educación dos cativos.

Folleto informativo do Obradoiro Escola de Nais e Pais

A Concellería de Sanidade pon en marcha o primeiro obradoiro da escola de nais e pais dirixido os colexios e as familias de Ourense que se levara a cabo o proximo mes de marzo co titulo “As emocións na familia”.