Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

Agrupación de Voluntarios de Protección Civil (AVPC) de Ourense entregou un total de 60 caixas con alimentos non perecedoiros, máis 40 caixas (con 6 botellas) de leite e máis 70
botellas de aceite, recollidas de forma voluntaria e desinteresada, no Banco de Alimentos de Ourense. Nesta campaña tamén están recollendo xoguetes e roupa (30 caixas) que lle foron entregados a Cáritas Ourense.

A iniciativa, que naceu de forma absolutamente voluntaria por parte da AVPC de Ourense, está sendo secundada por moitos ourensáns, e permanecerá aberta até o 4 de xaneiro, data na que procederán a facer unha segunda entrega de todo o recollido, incluíndo excedentes dunha coñecida cadea de súpermercados (Mercadona) e doutras empresas que se adheriron á iniciativa.