Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

Ante as informacións falsas verquidas mediante comunicado e recollidas en diferentes medios de comunicación o pasado 4 de febreiro, o concelleiro de Seguridade Cidadá, defende e respalda totalmente a labor da intendente xefe da Policía Local e da plantilla policial.

Carlos Campos sinala que é completamente falso que se lle negara información a un concelleiro da oposición, do mesmo xeito que tampouco existe informe algún da intendente xefe da Policía que aluda ao que falsamente se proclamou desde un grupo político da oposición mediante un comunicado

“Non é tolerable semellante falta de respecto cara un funcionario que é a cabeza visible da Policía Local. A gravedade das falsas acusacións é tal que incluso reclaman mediante ese comunicado a entrega de datos persoais a través dos cuadrantes ou listados de servizos que que, como ben debería saber o concelleiro que os solicita, están protexidos pola Lei de Protección de Datos”, sinala Carlos Campos.

Estes datos solicitados eran as identidades, claves profesionais e situacións administrativas e médicas dos axentes (baixas médicas, asuntos familiares, descansos, etc), que non se falicitaron por estar protexidos pola citada Lei, pero sí que se facilitaron os datos no número concreto de efectivos na vía pública en determinada data.