Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

A Policía Local de Ourense realizou ao longo do ano 2018 un total de 15.485 actuacións demandas pola cidadanía, os diferentes servizos municipais e outras administracións. A memoria de actividade de 2018 pon de manifesto a cantidade e diversidade de servizos que presta na cidade: A cifra máis elevada, 9.518 foron por actuacións demandas pola cidadanía, seguidas de servizos técnicos e oficios (2.613) e partes de actuación (781) tramitados á diferentes servizos do Concello e outras 2.573 foron actuacións tramitadas a outras administracións e corpos de seguridade.

A memoria de 2018 pon de manifesto que a central de Policía local recibiu un total de 17.208 requirimentos, unha cifra que se eleva por sexto ano consecutivo e consolida esta vía como canle de comunicación da cidadanía para atender as súas necesidades.

O alcalde de Ourense, Jesús Vázquez salienta que estas cifras reflicten “o gran traballo e a profesionalidade da nosa Policía local, incansable á hora de dar resposta as necesidades da nosa cidadanía, como vén sendo habitual, coa máxima eficiencia e dilixencia”.

As estatísticas de 2018 reflicten en liñas xerais patróns similares a anos anteriores. En materia de tráfico, a Policía Local detectou un descenso nas cifras de accidentes (945) e atropelos (55, aínda que 1 causou o falecemento da vítima). Aumentaron en cambio un 20% as denuncias por tráfico e seguridade viaria (principalmente debidas a mal estacionamento). En materia de control preventivo, cómpre subliñar 10 campañas específicas sobre diferentes temáticas: control de velocidade, consumo de alcohol e drogas, sistemas de retención infantil..., nas que se controlaron 7.570 vehículos e condutores con 133 denuncias tramitadas. Salientan tamén 286 actuacións de posta a disposición xudicial, 15 detencións en materia de violencia de xénero, 65 intervencións por actos vandálicos ou 9 actuacións que impediron suicidios.

A intervención policíal deu lugar a 585 denuncias e comparecencias xudiciais, cun lixeiro aumento fronte a 2017 (531). Membros do corpo realizaron 59 detencións e 226 citacións por xuízo rápido, para un total de 285 casos de posta a disposición xudicial.

A Policía realizou tamén unha ampla labor de control e seguimento de vítimas de violencia de xénero que deron lugar a 1.505 actuacións do persoal asignado a estas funcións. Estas inclúen informes, visitas, entrevistas persoais, contactos telefónicos, labores de investigación, test de valoración. Ademais, practicou 15 detencións por violencia de xénero.

 

Seguridade viaria. No relativo a delitos contra a seguridade viaria, foron postos a disposición xudicial 226 condutores, fronte a 206 de 2017. As causas máis habituais foron por conducir con taxa de alcohol superior a 0,60 mg/l por aire respirado: 143 (aínda que neste caso foi 1 menos ca en 2017), os delitos de negativa as someterse ás probas (23 por 12 en 2017), conducir con perda de vixencia de permiso ou puntos (29 por 19), conducir sen permiso por non telo obtido nunca (26 por 18) ou carecer del por resolución xudicial (5 por 12), Fóra do ámbito penal, en materia administrativa houbo 209 alcoholemias ( 219 en 20197) e 340 por consumo de drogas (224 en 2017). Outros datos estatísticos de relevancia foron

  • 13 intervencións en armas, con 2 detidos e 73 armas e efectos intervidos
  • 109 actas por infracción á Lei de Seguridade Cidadá
  • 17 actuacións de sustancias estupefacientes: (9 de haxís, 8 de cocaína, 6 de marihuana e 1 de heroína)
  • 24 vixilancias de penas de localización permanente
  • 59 intervencións por actos vandálicos nos que foron identificadas 17 persoas (19 en vehículos, 14 pintadas ou grafitos e 10 danos en propiedade privada e 4 en edificios ou lugares públicos). A cifra de 59 amosa un descenso fronte a anos precedentes, xa que 2015 foron 65, en 2016 foron 104 e en 2017, 99.
  • 27 servizos asistenciais, entre eles os que impediron un total de 9 suicidios, xunto con 4 casos de auxilio a persoas con problemas de saúde, 3 localizacións de persoas perdidas, 6 de asistencia a maiores que caeron no seu domicilio.

 

Accidentes de tráfico. En 2018 realizáronse 22.002 actuacións relacionadas con accidentes de tráfico: con 1.911 atestados instruídos: 945 de tráfico por accidentes e 966 incidencias ou dilixencias a prevención Obsérvase un descenso no número de accidentes, que foran 1.957 en 2017 e 1.986 en 2016. Sobre os atropelos, a cifra foi 55, un 5% menos ca en 2017: 44 de carácter leve 16 graves e 1 falecido. A causa máis frecuente foi non respectar a prioridade do peón (32), seguida de que o peón cruza por zona non habilitada (14)

O número de denuncias por infraccións en materia de seguridade viaria aumentou un 20%, froito do labor diario de vixilancia en casco urbano, controis específicos e ordes de servizo. Foron 10.470 fronte os 8.723 de 2017. Os máis habituais foron:

  • Estacionar un vehículo en zona de reservada a carga e descarga durante as horas de utilización: 1.838 fronte a 1.300,
  • Estacionar sobre a beirarrúa, paseo e demais zonas destinadas ao paso de peóns: 1.362 fronte a 1.2349
  • Estacionar o vehículo constituíndo un perigo ou obstaculizando gravemente o tráfico de peóns, vehículos ou animais: 988 fronte a 930
  • Non obedecer un sinal de prohibición ou restrición: 628 fronte a 432.

 

Lecer nocturno. En materia de inspección e control en materia de lecer nocturno, realizáronse controis en 196 pub cafés bares especiais e discotecas, con 57 denuncias por infracción de horario e 40 por ruídos. Realizáronse 229 controis de botellón, con 34 persoas identificadas, 20 denuncias tramitadas e 1 menor identificado. Tamén realizou 883 vixilancias en colexios en xornadas e horarios lectivos para regular a e vixiar o tráfico na súa contorna. Finalmente, na oficina de obxectos perdidos foron recibidos 570 artigos, se entregaron aos propietarios 400, quedando en depósito 170.

 

Control preventivo. A Policía Local realizou tamén 10 campañas específicas: Sobre condicións de vehículos, transporte escolar e de menores, uso de sistemas de retención infantil, control de velocidade, consumo de alcohol e drogas, furgonetas e transporte de mercadorías ou distraccións ao volante, que se materializaron no control de 7.570 vehículos e condutores e 133 denuncias tramitadas. A máis numerosa foi a de control de velocidade en abril con 672 vehículos e 87 denuncias tramitadas.

En educación viaria, medio millar de escolares participaron en visitas guiadas á xefatura de policía para coñecer o traballo que realiza e instruílos en consellos básicos de educación viaria e para evitar de atropelos, e un módulo de prevención do acoso escolar.

 

Policía administrativa. O traballo deste servizo inclúe tamén un inxente labor de policía administrativa, que se materializa en 5.380 rexistros de entrada e saída en relación con comprobacións, vixilancias, seguimentos e, en xeral cumprimento da normativa vixente. Nos seu labores labores de inspección e control en materia de policía administrativa, as infraccións máis habituais foron 78 en materia de veladores, 40 por ruídos, 34 relativas a licenza de apertura de locais (por non presentala o non axeitarse á actividade realizada) e obras sen permiso, sen licenza ou que as obras non se corresponde co autorizado: 30.