Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

Nas últimas semanas a Policía Local de Ourense ten intensificada a súa presenza e actuacións nas rúas onde se concentra a actividade de ocio nocturna, no Centro Histórico de Ourense, especialmente en Pena Corneira, Cabeza de Manzaneda, Luna e Pizarro, aínda que os operativos tamén teñen actuado noutras como a rúa Páxaro.

Con este incremento, e tal e como se puxo de manifesto onte na reunión mantida na Subdelegación do Goberno, ademais do control das posibles actividades irregulares preténdese realizar unha labor preventiva e de concienciación. Nestes operativos, os axentes da Policía Local realizan controis exhaustivos de horarios de peche; que os locais de ocio exerzan a súa actividade coas portas e fiestras pechadas; que as terrazas conten con autorización; así como medicións de ruído a diferentes horas.

No que vai de ano, realizáronse un total de 89 actuacións de control de locais de ocio (durante todo o ano 2018 foron 196); denunciáronse 7 locais por infracción de horario (en todo o ano 2018 foron 57); outros 3 foron denunciados en materia de ruído e contaminación (en 2018 foron 40). Ademais, nestes tres primeiros meses de 2019, levantáronse 8 actas policiais a locais por licenzas non axeitadas a actividade que estaban a desempeñar; así como 2 denuncias por menores consumindo alcol en locais e outras tantas por fumar no interior de establecementos.

O reforzo da actividade no mes de marzo tivo especial incidencia na zona onde se concentra o maior número de locais da noite ourensá. Así, os controis se reforzaron nunha contorna que acolle un total de 15 locais nas rúas Luna (7), Pena Corneira (5) e Cabeza de Manzaneda (3).

Nesta contorna, as actuacións policiais das últimas dúas semanas producíronse por infraccións de horario e persoas consumindo alcol na rúa Luna; a un local da rúa Paxaro por atopar no seu interior a menores consumindo alcol e polo ruído na rúa debido a ter as portas abertas; así como en dous locais por exercer unha actividade diferente á autorizada, nas rúas Luna e San Francisco. Na rúa Paxaro os axentes cursaron sendas actas por non presentar o local o seguro correspondente e por non dispor de follas de reclamacións.

Ademais, os axentes realizaron unha medición de ruído nunha casa particular da rúa Valle Inclán para comprobar os decibelios xerados por unha discoteca no baixo do edificio.