Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

A programación das Festas de Ourense obrigará a pechar ao tráfico mañá, sábado, e pasado mañá, domingo, un tramo da rúa Progreso, entre a Alameda e a Praza Bispo Cesáreo, na zona onde actuarán as orquestras previstas para os dous últimos días de celebracións. O corte de tráfico producirase ambos os dous días en torno ás 17:00 horas, para proceder á montaxe e á posterior celebración dos espectáculos que ofrecerán Os Satélites, na madrugada do sábado ao domingo (1,00h) e Gran Parada, o domingo ás 21,00h.

O Concello de Ourense solicítalles aos condutores que desculpen as molestias e utilicen itinerarios alternativos nos seus desprazamentos. Así, quen conduza pola rúa Progreso procedente da zona do Posío deberá rodear a Alameda a través da rúa Tras Alameda para continuar ruta por Parada Justel ou Doutor Fleming, en función do seu destino. Quen conduza por Progreso no sentido contrario (Ponte Vella-Alameda), terá a posibilidade de desviarse polas rúas Ervedelo, Xoán XXIII, Concordia ou Reza.

Tamén estes días, permanece pechada ao tráfico a rúa Pardo de Cela, onde se atopan instaladas as atraccións feirais das Festas de Ourense.