Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

O Concello de Ourense actuou, durante as últimas semanas, na contorna de 28 centros educativos da cidade ante o inminente comezo do curso escolar -o día 11 de setembro Primaria, Infantil e Especial, e o 16 de setembro ESO, Bacharelato e FP-. A revisión centrouse no repintado de pasos de peóns, revisión de sinalización vertical e reposición de novos sinais nos accesos aos centros para a maior seguridade do alumnado.

A campaña Colexios 2019/20 do Concello de Ourense detectou moitos elementos da sinalización ao redor dos colexios desgastados polo uso, sobre todo no tocante aos elementos horizontais, polo que procedeu a repintado de pasos de peóns; das zonas amarelas na porta principal, na zona de seguridade dos pasos de peóns e das zonas de carga e descarga dos buses escolares; repintado das áreas de limitación da velocidade a 30 km/h; sinais de zig zag das zonas de exclusión; dos símbolos de perigo por entrar en zonas peonís; elementos de aviso de bandas sonoras e, sobre todo, colocación de bandas sonoras que se atopaban soltas.

No tocante á sinalización vertical, reforzáronse sinais danadas polo paso do tempo; colocáronse elementos reflectores nos sinais de 'zona escolar' e mellora dos sinais de limitación de velocidade.