Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, recibiu esta mañá no salón de plenos os novos 9 axentes de Policía Local que se incorporan ao persoal municipal logo de completar o seu período de formación. Con eles, o número de efectivos cos que conta o Concello de Ourense é de 86, aos que lle habería que sumar 11 mandos. En declaracións do alcalde, sería precisa a incorporación doutros 30 axentes máis. O rexedor tamén adiantou, no mesmo acto, que desde o departamento de Persoal estase a traballar na contratación de novos efectivos para o corpo de bombeiros e de policía.