Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

A rúa da Concordia é, desde primeira hora de hoxe, xoves 30 de xaneiro, unha rúa de acceso restrinxido a vehículos: só poderán pasar vehículos cara aos dous aparcadoiros, cara aos garaxes particulares, e os vehículos que realicen labores de carga e descarga. A Policía Local colocará senllas patrullas ao inicio e remate da rúa, que ademais de informar, vixiarán o acceso de vehículos.

Durante o día de hoxe, o Concello instalará sinalización vertical que substitúa os cadros semafóricos emprazados ao inicio da rúa e ao final, no cruce coa rúa Santo Domingo. Tamén se eliminarán os parquímetros da zona ORA, xa que os aparcamentos da rúa Concordia estarán, desde mañá, reservados aos vehículos de carga e descarga. As dúas prazas reservadas para usuarios con mobilidade reducida instaladas na parte alta da rúa Concordia desprazaranse ao tramo final da rúa Ramón Cabanillas.

Os tramos alternativos propostos para acceder á Avenida de Bos Aires son Xoán XXIII e Bedoya.

O Concello de Ourense pretende humanizar o centro da cidade e facilitar unha mellor mobilidade para os peóns, que gañan espazo de seu.