Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

A Policía Local de Ourense incrementará desde hoxe a súa vixilancia e a imposición de sancións a aqueles vehículos que accedan indebidamente ao centro histórico da cidade. Unha semana despois de que o alcalde ordenara desactivar os bolardos de control de acceso de vehículos, o pasado mércores 26 de febreiro, a Policía Local intensificará o control de infraccións e imporá sancións sempre que sexa preciso, coa fin de preservar o carácter peonil da zona antiga da cidade.

Neste senso, o Concello lembra que os bolardos foron suprimidos por seren un mal sistema de control de acceso que ocasionaba unha alta sinistralidade. Porén, a supresión dos bolardos non supón cambio no réxime de acceso de vehículos ao centro histórico, que segue a ser zona de restrinxido, e ao que só se poderá acceder con autorización.