Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

As obras de acondicionamento da rúa Marcelo Macías fan preciso implementar desvíos de circulación de vehículos neste vial. Mentres se acometan as actuacións, manterase o sentido de entrada á cidade e desvíase o tráfico de saída no primeiro treito da rúa Marcelo Macías, que dispón de tres carrís. Así, continuarán en servizo dous carrís para os dous sentidos e restrinxirase o outro carril como zona de traballo. Os vehículos lixeiros desviaranse por unha vía paralela e os autobuses disporán doutra alternativa sinalizada coa fin de facilitarlles as manobras correspondentes.

As obras son realizadas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, cun investimento de 1,7 millóns de euros, dos que o Concello achega un 30%.

Esta actuación, cun prazo de execución de 12 meses, consistirá na renovación do firme e dos servizos, así como na mellora das beirarrúas ao longo de 1,3 km. A intervención aproveitarase para facer labores de mantemento no viaduto sobre o río Barbaña, que se dotará de iluminación singular e traballarase na accesibilidade peonil. Tamén, no referente aos servizos, se renovarán as redes de abastecemento, saneamento e as de alumeado. Ademais a actuación inclúe o reforzo da seguridade viaria coa instalación de pasos de peóns con iluminación específica.

Tamén haberá cambios na ruta dos autobuses urbanos.

DOCUMENTACIÓN GRÁFICA