Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Seguridade cidadá

Áreas

Co lema “Agora máis que nunca, necesitámoste”, a agrupación de Protección Civil do Concello de Ourense anuncia a súa campaña solidaria de recollida de alimentos e xoguetes, que irá do 1 de decembro de 2020 ao 10 de xaneiro de 2021, ambos inclusive.çA campaña persegue recoller alimentos non perecedoiros e xoguetes (excepto peluches) para distribuílos entre o Banco de Alimentos, para a protectora de animais (Progape), e para as diferentes asociacións ou parroquias que así os soliciten. Só o ano pasado recolléronse máis de 3.000 quilos de alimentos e centos de xoguetes, que se distribuíron por parroquias de Ourense e doutras vilas próximas.

Haberá un punto de recollida no Concello de Ourense, que contará coas máis estritas de seguridade -desinfectaranse, pasarán a corentena e clasificaranse para a súa embalaxe e posterior entrega-, e en diferentes supermercados e comercios colaboradores. A organización dispón do teléfono 616.908.507 para todas aquelas persoas que desexen involucrarse na campaña como colaboradores, así como para realizar doazóns desde o seu domicilio.

Será o persoal voluntario de Protección Civil -en torno a 30 persoas- o que se encargue de recollelo a domicilio cumprindo con todos os protocolos que impón a especial situación de pandemia para garantir así a seguridade de quen entrega e de quen recibe.

Agradecementos. Desde a Agrupación de Protección Civil quérese agradecer a participación e a complicidade das seguintes entidades: Gadisa, Eroski, Centro Comercial Ponte Vella, Banco de Alimentos, Progape... así como todos os pequenos comercios e establecementos que colgan o cartel da campaña para darlle visibilidade.