Transparencia

Praza da Imprenta nº 2, 4º

Teléfono: 988 388 100 ext.1438 e 1452

Seccións

A continuación amósase unha listaxe de seccións que compoñen esta área. Podes obter máis información premendo sobre cada unha das seccións:

A modificación do Regulamento Orgánico de Goberno e Organización do Pleno e da Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións foi publicada o 1 de febreiro de 2020 no Boletín Oficial da Provincia.

O Capítulo III ''Das incompatibilidades e rexistro de intereses'' dice, , no seu artigo 18:

  1. Sempre que se produza algunha variación respecto do declarado deberá formularse unha declaración adicional no prazo dun mes dende o día no que se produxo, expresando as alteracións feitas.
  2. O prazo de presentacións das declaracións con ocasión do cese da Corporación será a partir do momento no que expire o mandato corporativo ata a data na que os concelleiros cesen no exercicio das súas funcións para a administración ordinaria. No suposto de renuncia dende a data de presentación do correspondente escrito ata que o Pleno municipal coñeza a mesma e declare vacante. Nos casos de perda da condición de concelleiro por decisión xudicial ou incompatibilidade, dende que se notifique ao interesado a resolución correspondente ata que a Corporación declare vacante.
  3. O prazo de presentación anual coincidirá co prazo de presentación da declaración do Imposto sobre a Renda.
  4. As declaracións publicaranse anualmente, durante a segunda quincena do mes de xullo.
  5. En aras da transparencia municipal publícase a seguinte información para o coñecemento dos cidadáns:
    • As bases de execución do orzamento municipal no que figure:
      • As retribucións dos membros da corporación (Alcalde, concelleiros, membros non electos da Xunta de Goberno Local e Directores Xerais.
      • As indemnizacións en concepto de asistencias a órganos colexiados (Pleno, Xunta de Goberno Local, comisións de Pleno e Xuntas de Área)
      • Dotacións económicas asignadas a cada grupo municipal.
    • A relación de todos os postos de persoal eventual coa indicación da súa adscripción.

E en virtude deste artigo e en aras da transparencia municipal ponse en coñecemento e aos efectos oportunos o seguinte:

  1. Retribucións dos membros da Corporación Municipal.
  2. Indemnizacións por asistencia a órganos colexiados (pdf). (Artigo 40 das Bases de execución do Orzamento 2012)
  3. Dotacións económicas aos grupos municipais (Artigo 41 das Bases de execución do Orzamento 2012)
  4. Relación dos postos de persoal eventual.
    • Relación de Postos de Traballo do Concello de Ourense e persoal eventual.
    • Relación de Postos de Traballo do CMD
  5. Declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poida proporcionar ingresos económicos e declaracións sobre bens e dereitos patrimoniais.

PUBLICIDADE ACTIVA E INFORMACIÓN SOBRE A CORPORACIÓN MUNICIPAL:
Indicador 1: Os datos biográficos do Alcalde e das/os concelleiras/os do Concello.
Indicador 2. Axenda institucional do alcalde.
Indicador 3. Gastos de viaxe do Alcalde e dos demais cargos electos do Concello.
Indicador 4. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello de Ourense (pdf) e relación dos cargo (postos) de confianza ou Persoal eventual, e o importe das súas retribucións (pdf)
Indicador 5. Datos básicos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais:Consello Municipal de Deportes (CMD).
Indicador 6. Relación de Postos de Traballo (RPT) do Consello Municipal de Deportes
Indicador 7. Retribucións percibidas por altos cargos do Concello: Cargos municipais con dedicación exclusiva (pdf) , Retribucións dos membros da corporación (pdf) , Retribucións do xerente do Consello Municipal de Deportes (pdf)
Indicador 8. Rexistro de Intereses de Actividades e Bens dos Altos cargos do Concello

Declaracións sobre causas de posible incompatibilidade e actividades que proporcionen ou poida proporcionar ingresos económicos e declaracións sobre bens e dereitos patrimoniais
O Regulamento orgánico de goberno e organización, do Pleno e a Comisión Especial de Suxestións e Reclamacións do Concello de Ourense regula nos artigos 15 a 24 os rexistros de intereses, ocupándose o artigo 15 do persoal obrigado á presentación das declaracións inscribibles nos sinalados rexistros e que son as seguintes:

Membros da corporaciónlocal (alcalde e concelleiros).
Funcionarios con habilitación nacional que desempeñen nesta entidade local posto de traballo cuberto mediante libre designación.
Outro persoal directivo.
O artigo 18.4 do Regulamento antes citado dispón que "as declaracións publicaranse anualmente durante a segunda quicena do mes de xullo na páxina web municipal".

DOCUMENTOS:

Das persoas que desexan que a publicación sexa permanente.

  1. XOSE LUIS SEARA FERNANDEZ (pdf)
  2. RHUT REZA ALVAREZ (pdf)
  3. JORGE PUMAR TESOURO (pdf)
  4. ARAUJO FERNANDEZ JOSE (pdf)

 

PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE A PLANIFICACIÓN, ORGANIZACIÓN E PATRIMONIO DO CONCELLO:
Indicador  9. Planes e programas anuais e plurianuais municipais.

 

Indicador 10. Organización Municipal.
Indicador 11. Xestión, conservación e eliminación de documentos e arquivos do Concello.
Indicador 12. Relación de inmobles propios (pdf) e Relación de inmobles en réxime de arrendamento (pdf)
Indicador 13. Relación dos vehículos oficiais (propios ou en réxime de aluguer) adscritos ao Concello de Ourense (pdf)
Indicador 14. Inventario de Bens e Dereitos do Concello de Ourense (pdf)
 

PUBLICIDADE ACTIVA SOBRE OS ÓRGANOS DE GOBERNO MUNICIPAIS, INFORMES E RESOLUCIÓNS XUDICIAIS:
Indicador 15. Código ético de bo goberno.
Indicador 16. Ordes do día previas aos plenos municipais.
Indicador 17. Actas dos plenos municipais.
Indicador 18. Acordos da Xunta de Goberno.
Indicador 19. Vídeos das sesións dos plenos municipais.
Indicador 20. Resolucións xudiciais que afectan ao Concello

Indicador 21. Resolucións de autorización ou recoñecemento da compatibilidade e as autorizacións de exercicio de actividade privada altos cargos (pdf)

PÁXINA WEB DO CONCELLO E SERVIZOS MUNICIPAIS:
Indicador 22. Implantación dunha sección específica de transparencia.
Indicador 23. Buscador interno na web municipal.
Indicador 24. Mapa da web municipal
Indicador 25. Catálogo xeral de servizos.
Indicador 26. Procedementos administrativos que se poden realizar no Concello de Ourense.
Indicador 27. Carta de Servizos Municipais.
Indicador 28. Canles específicas de denuncias para a cidadanía.
Indicador 29. Informe sobre a comunicación de incidencias na prestación de servizos municipais (pdf)
 

PARTICIPACIÓN CIDADÁ E INFORMACIÓN DE INTERESE PARA A CIDADANÍA:
Indicador 30. Datos e información estatística sobre as consultas e suxestións recibidas pola cidadanía e organizacións (pdf)
Indicador 31. Espazo para as propostas dos Grupos Políticos Municipais
Indicador 32. Asociacións de Veciños e Veciñas da cidade.
Indicador 33. Perfís do Concello nas redes sociais: Facebook - Twitter - You Tube
Indicador 34. Regulamento de Participación Cidadá
Indicador 35. Consellos municipais.

O Concello de Ourense, ao amparo da Lei constitúe, como Organismo Autónomo, o Consello Municipal de Deportes, dotado de personalidade xurídica propia, plena capacidade xurídica e de obrar dentro dos seus fins e patrimonio especial.

O Consello Municipal de Deportes (CMD) queda adscrito á Concellaría de Deportes do Concello de Ourense.

Organismo Autónomo que ten por Obxecto social (artigo 3 dos Estatutos do CMD):

  1. A promoción e o fomento da Educación Física e o Deporte, especialmente o deportes base no Concello de Ourense

  2. A planificación e creación de novas instalacións deportivas

  3. A conservación, reparación, mellora e xestión das instalacións deportivo recreativas de propiedade municipal

  4. A xestión do posible uso doutras instalacións públicas ou privadas para o cumprimento dos fins do Consello Municipal de Deportes.

  5. Organizar e, no seu caso, autorizar manifestacións deportivas no municipio, especialmente as de carácter popular.

  6. Calquera outra que lle sexa atribuída ou delegada de conformidade co ordenamento xurídico

En interese da transparencia municipal, pónse á disposición da cidadanía os seguintes datos relativos ao Consello Municipal de Deportes:

Orzamento 2014 (pdf)
A liquidación real do Orzamento do Consello Municipal de Deportes en 2018 es de 3.842.545,46€
Estatutos do Consello Municipal de Deportes (pdf)
Relación de postos de traballo do Consello Municipal de Deportes (pdf)
Retribucións percibidas polo xerente do Consello Municipal de Deportes (pdf)

  • Consello Municipal de Educación

Obxectivo:
Estudar, asesorar e propoñer á Administración local e educativa sobre todos os aspectos de ensino non universitario que incidan na nosa poboación buscando a máxima participación de todos os cidadáns.

Constitúe un órgano de consulta e asesoramento creado polo Concello para facilitar a participación cidadá na programación e xestión do ensino nas cuestións relacionadas coa competencia municipal en materia educativa.

Regulamento do Consello escolar municipal (pdf)
Composición do Consello Escolar Municipal 2016 (pdf)

  • Consello Municipal de Igualdade de Oporturnidades entre Mulleres e Homes


Que é o Consello Municipal da Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes?
No marco da configuración territorial dunha política integral de igualdade considérase fundamental o papel a xogar polos concellos, por ser o nivel da Administración máis achegado a cidadanía, aos seus intereses e necesidades. Por todo iso representa o contexto máis axeitado para artellar a posta en marcha e funcionamento do Consello Municipal da Igualdade entre Mulleres e Homes, que garanta a participación e a igualdade de oportunidades de toda a cidadanía e, en especial, das mulleres ourensás. Este Consello constitúese como órgano de participación, asesoramento, consulta, seguimento e canalización da problemática e da vida cidadá das mulleres, así como da igualdade de oportunidades entre ambos os sexos.

Obxectivos prioritarios

  • Defender os dereitos das mulleres velando polo cumprimento das disposicións legais e previndo as posibles discriminacións que se poidan producir en calquera dos eidos de actuación.
  • Fomentar a concienciación das mulleres da súa propia situación, así como promover cambios nas actitudes e comportamentos dos homes que perpetúan a desigualdade entre ambos os dous.
  • Impulsar, promover e apoiar o asociacionismo feminista e de mulleres e aqueloutros que promovan a igualdade entre xéneros respectando a súa autonomía.
  • Potenciar a participación social das mulleres co fin de que se constitúan responsables e protagonistas do seu propio proceso de promoción e desenvolvemento e para a consecución dunha igualdade real e efectiva.
  • Calquera outro de carácter análogo que teñan incidencia para as mulleres e/ou a igualdade de oportunidades.
  • Impulsar, promover e orientar medidas e plans de actuación para as mulleres e homes e facer un seguimento das actuacións municipais neste eido, así como dos procedementos dos distintos niveis da administración.
  • Instar a Corporación municipal ao cumprimento das actuacións en todos os eidos que sexan convenientes na defensa dos dereitos das mulleres e da promoción da igualdade.

Requisitos para ser membros do Consello Municipal da Igualdade

  1. Estar legalmente constituído.
  2. Ter domicilio social no Concello de Ourense.
  3. Para formar parte deste, as asociacións de mulleres do noso concello, así como aqueloutras asociacións, entidades ou organizacións que teñan como finalidade primordial potenciar a integración social das mulleres e a igualdade real e efectiva de mulleres e homes deberán comunicar ao Presidente/a do Consello Municipal da Igualdade a súa vontade de pertencer a este mediante escrito no que se especificarán os seus datos identificativos e o interese en formar parte del para participar na sesións que se convoquen. Deberán achegar os estatutos da asociación ou colectivo.

Membros actuais do Consello Municipal da Igualdade

  • Asociación de Mulleres Empresarias
  • Asociación de Viúvas “Mª Andrea”
  • Asociación de Amas de Casa “Montealegre”
  • Asociación de Mulleres Separadas e Divorciadas de Ourense
  • Asociación de Mulleres Rurais “Volvoreta” de Velle
  • Asociación de Mulleres Rurais “San Amaro” de Oira
  • Asociación de Mulleres Rurais “Clarexar” de Palmés
  • Asociación de Mulleres Rurais “Xesta” de Covadonga
  • Asociación de Mulleres Rurais “Sta. Agueda” de Seixalbo
  • PP - Área da Muller
  • PSOE - Área da Muller
  • Ourense en común
  • Democracia Ourensana
  • EU- Área da Muller
  • CCOO - Secretaría da Muller
  • UXT - Secretaría da Muller
  • CIG - Secretaría da Muller
  • STEG - Secretaría da Muller
  • Federación de AA.VV. “LIMIAR”
  • Asociación de Persoas Xordas - Comisión da Muller
  • Asociación Fibromialxia e Fatiga Crónica de Ourense (AFFOU)
  • Anacos da Cidade
  • Asociación Española contra o Cancro de Ourense
  • Fundación Taller Solidaridade
  • Marcha Mundial das Mulleres
  • Foro Feminista “Falando Nós””
  • Asociación para a Prevención da Exclusión Social (APES)
  • Área de Igualdade da Universidade de Vigo

Estatutos do Consello Municipal de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (pdf)

 

Indicador 36. Orzamentos participativos.

  • Dende o ano 2008, o Concello de Ourense apostou polas obras que os veciños e veciñas demandasen. Nestes últimos anos se realizaron actuacións para pór en valor os barrios da cidade, en prazas, parques, áreas infantís, accesos, equipamentos, estradas, rebaixe de beirarrúas, recuperación de camiños e infraestruturas de diversa índole, favorecendo as suxerencias e a participación cidadá na elaboración dos plans económicos e orzamentos municipais.

Plan de investimento Municipal 2013 (pdf)
Plan de investimento Municipal 2014-15 (pdf)

Plan de investimento Municipal 2016-17

Informe técnico acerca da necesidade de modificar o Orzamento municipal para acometer as actuacións recollidas no Plan de Investimentos municipal 2016-2017 (pdf)
Acordo plenario coa aprobación da modificación do orzamento (pdf)

INFORMACIÓN CONTABLE E ORZAMENTARIA:
Indicador 37. Orzamentos municipais.
Indicador 38. Modificacións orzamentarias.
Indicador 39. Orzamentos dos órganos descentralizados, entes instrumentais e sociedades municipais
Indicador 40. Autonomía fiscal (Dereitos recoñecidos netos de ingresos tributarios / Dereitos recoñecidos netos totais).
Indicador 41. Capacidade ou necesidade de financiamento en termos de estabilidade orzamentaria (superávit ou déficit)
Indicador 42. Indicación na Web de que o Concello publica as súas contas na Plataforma do Tribunal de Contas sobre Rendición de Contas (rendiciondecuentas.es)
 

TRANSPARENCIA NOS INGRESOS, GASTOS E DÉBEDAS MUNICIPAIS:
Indicador 43. Contas Anuais/Conta Xeral do Concello
Indicador 44. Ingresos fiscais por habitante e Inversión por habitante
Indicador 45. Periodo medio de pago a provedores.
Indicador 46. Importe da débeda pública municipal consolidada e a súa evolución en comparación con exercicios anteriores.
Indicador 47. Informes de Auditoría de contas e os de fiscalización por parte dos Órganos de control externo

CONTRATACIÓNS:
Indicador 48. Contratos (non incluídos os contratos menores) realizados polo Concello.
Indicador 49. Contratos menores realizados polo Concello. Acceda á Plataforma de Contratación do Estado, e seleccione a ficha "Documentos" para acceder a información sobre os contratos menores.
Indicador 50. Modificación dos contratos realizados polo Concello.
Indicador 51. Composición, forma de designación e convocatorias das mesas de contratación (pdf)
Indicador 52. Actas das mesas de contratación.
Indicador 53. Datos estatísticos sobre a porcentaxe en volume orzamentario dos Contratos adxudicados a través de cada un dos procedementos previstos na lexislación de contratos do sector público.
Indicador 54. Informe explícito da publicación dos contratos na Plataforma de Contratación do Sector Público (PCSP)
 CONVENIOS, ENCOMENDAS DE XESTIÓN E SUBVENCIÓNS:
Indicador 55. Relación de convenios e encomendas de xestión subscritos (pdf)
Indicador 56. Relación de subvencións e axudas públicas concedidas polo Concello (pdf)
Indicador 57. Asignacións económicas que se conceden a cada un dos Grupos políticos municipais.

SUBMINISTRADORES E CUSTOS DOS SERVIZOS:
Indicador 58. Lista de provedores, adxudicatarios e contratistas máis importantes do Concello.
Indicador 59. Información sobre o Custo efectivo dos servizos prestados polo Concello.

PLANS DE ORDENACIÓN URBANA E CONVENIOS URBANÍSTICOS:
Indicador 60. Plan Xeral de Ordenación Urbana (PXOU) e planos.

Indicador 61. Políticas e programas do Concello relativos ao medio ambiente, así coma os informes de seguimento dos mesmos e Estudos de impacto ambiental, paisaxísticos e avaliacións de risco relativas a elementos medio ambientais (pdf)
Indicador 62. As modificacións aprobadas do PXOU e planes parciais.
Indicador 63. Convenios urbanísticos do Concello e actuacións urbanísticas en execución (pdf)
Indicador 64. Información sobre os usos e destinos do solo.
 

INFORMACIÓN SOBRE LICITACIÓNS DE OBRAS PÚBLICAS:
Indicador 65. Publícanse os proxectos, pregos e os criterios de licitación das obras públicas.
Indicador 66. Publícanse as modificacións, reformados e complementarios dos proxectos das obras máis importantes.
Indicador 67. Listado de empresas que teñen concorrido á licitación de obras públicas (pdf)
Indicador 68. Nome das empresas que teñen realizado as obras públicas máis importantes (pdf)
 

URBANISMO E OBRAS DE INFRAESTRUTURA:
Indicador 69. Informe sobre as obras máis importantes de infraestruturas en curso (pdf)
Indicador 70. Difusión das obras de infraestrutura aprobadas pendentes de execución.
Indicador 71. Indicadores: Inversión en infraestruturas por habitante, Proporción de ingresos de Urbanismo sobre os ingresos totais, Ingresos urbanísticos.

VISIBILIDADE, CANLES E CARACTERÍSTICAS DO ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:
Indicador 72. Existe na Web Municipal un espazo destacado para difundir o procedemento administrativo do Dereito de acceso á información.

Nos artigos do 12 ao 14 do Regulamento orgánico de participación cidadá (Capítulos II e III) regúlase o dereito de petición e o dereito de participación dos veciños e entidades cidadáns nos órganos do Concello. Nestes artigos indícase literalmente:

CAPÍTULO 2.- DO DEREITO DE PETICIÓN.

Artigo 12.- Titulares e obxecto do dereito de petición.

  1. É o dereito que teñen tódalas persoas físicas ou xurídicas a formular solicitudes ao Concello en materia da súa competencia e pedir aclaracións sobre as actuacións municipais.
  2. Tódalas persoas, físicas ou xurídicas domiciliadas en Ourense, de forma individual ou colectiva, poden exercer o dereito de petición, nos termos e co alcance previsto na normativa de desenvolvemento do artigo 29 da Constitución (actualmente recollida na lei 4/2001 reguladora do dereito de petición) sobre calquera asunto ou materia de competencia municipal.
  3. As peticións poden incorporar suxestións ou iniciativas.
  4. Non son obxecto deste dereito, nin se poderán admitir peticións, suxestións, queixas ou reclamacións que se amparen nun título específico diferente ao derivado do dereito fundamental de petición establecido no mencionado artigo 29 da Constitución, nin as que fagan referencia a materias para as cales o ordenamento xurídico prevea un procedemento específico distinto ó do dereito de petición.

Artigo 13.- Forma de exercitar este dereito.

  1. Exercerase por escrito, podendo utilizarse calquera medio, mesmo de carácter electrónico, que permita acreditar a súa autenticidade, e incluirá a identidade do solicitante, o lugar ou o medio elixido para a práctica de notificacións, o obxecto e o destinatario da petición.
  2.  No caso de peticións colectivas, ademais dos requisitos anteriores, serán asinadas por tódolos peticionarios, debendo figurar xunto á sinatura, o nome, apelidos e D.N.I. de cada un deles.
  3. A presentación do escrito, a admisión e tramitación das peticións, así como a resolución das mesmas, que deberá notificarse no prazo máximo de tres meses dende a súa presentación, axustarase ao previsto na normativa reguladora do dereito fundamental de petición.
  4. O Concello atenderá a petición, e se non procedera á súa admisión motivaráo comunicándollo ao peticionario nun prazo máximo de 3 meses. Son causas de inadmisión:

No primeiro caso daráselle un prazo de 10 días para corrixir a carencia de acreditación, dándose por desistido se non se fai neste prazo.

  1. Insuficiencia da acreditación do peticionario.
  2. O obxecto da petición non é competencia do Concello.
  3. A petición ten un trámite administrativo específico.
  4. Os cidadáns teñen dereito a ser escoitados na tramitación dos procedementos dos cales se manifeste interese lexítimo dacordo co establecido na Lei 30/1992.

CAPÍTULO 3.- DO DEREITO DE PARTICIPACIÓN DOS VECIÑOS E ENTIDADES CIDADÁNS NOS ÓRGANOS DO CONCELLO.

Artigo 14.- Participación dos veciños e asociacións.

Tódolos veciños teñen dereito a intervir directamente ou a través das súas asociacións na xestión dos asuntos públicos mediante a súa participación nos distintos órganos municipais, de acordo co procedemento establecido nas presentes normas.


Artigo 15.- Participación das asociacións de veciños nos órganos colexiados.

  1. Cando algunha das asociacións de veciños inscritas no rexistro do Concello de Ourense desexe efectuar unha exposición ante o Concello Pleno en relación con algún punto da orde do día en cuxa previa tramitación administrativa interveña como interesado, deberá solicitarllo ao Alcalde con suficiente antelación a celebración do Pleno.
  2. Para os efectos do apartado anterior entenderase que son interesados na tramitación administrativa:
  3. Quen o promovese como titulares de dereitos ou interés lexítimo.
  4. Os que, sen teren iniciado o procedemento, ostenten dereitos que poidan resultar directamente afectados pola decisión que no mesmo se adopten.
  5. Aqueles cuxos intereses lexítimos, individuais ou colectivos, poidan resultar afectados e se persoen no procedemento, sempre que non recaese resolución definitiva.
  6. Logo da autorización do Alcalde, e a través dun único representante da entidade, poderá expoñer o seu parecer durante o tempo que sinale o Alcalde.
  7. O membro da entidade que actúe no Pleno será o que legalmente a represente segundo os seus estatutos, ou aqueloutro membro da súa xunta directiva nomeado expresamente para tal fin. En todo caso deberá acreditar a representación.


Articulo 16.- Presentación de iniciativas polas asociacións de veciños.

  1. A federación e asociacións de veciños inscritas no rexistro do Concello de Ourense, poderán presentar ante o Pleno do Concello iniciativas.
  2. As iniciativas deberán conter un interese xeral, libremente apreciado polo Pleno. Serán motivadas e para o seu trámite terán que ser presentadas por escrito no rexistro xeral do Concello de Ourense con quince días de antelación ao Pleno en que se solicitase incluílas.
  3. A federación e asociación de veciños, a través do seu representante legal debidamente acreditado no momento de presentar a iniciativa, poderán solicitar defender o asunto presentado ante o Concello Pleno, e poderán facelo cando o Presidente o autorice para este efecto.

Indicador 73. Información sobre o procedemento administrativo presencial para exercer o dereito de acceso á información.
Indicador 74. Formulario de solicitude de acceso á información pública.
Indicador 75. A canle electrónica de solicitudes de acceso á información pública permite diversos tipos de identificación, sen ser necesario o uso de certificados dixitais o a achega de datos fiscais.
Indicador 76. Informe de que a canle de solicitude de acceso á información pública permite o seguimento da tramitación por parte do interesado.
Indicador 77. Formulación de queixas e suxestións en relación co Acceso á información.

 

RECLAMACIÓNS E AVALIACIÓN DO DEREITO DE ACCESO Á INFORMACIÓN PÚBLICA:
Indicador 78. Procedemento para presentar reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
Indicador 79. Informe de que na Web municipal está operativa e claramente visible a entidade municipal responsable ante calquera presentación de reclamacións por denegación total ou parcial no exercicio do dereito de acceso á información.
Indicador 80. Información estatística de datos relativos a: Número de solicitudes de acceso á información recibidas; resoltas dentro de prazo, desestimadas, en todo ou en parte; e o resumo temático xeral das solicitudes de acceso á información recibidas.