Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Transporte Público

Áreas

O Concello de Ourense estuda a posibilidade dunha liña de autobús para darlle servizo aos usuarios da nova Biblioteca Pública, no complexo cultural de San Francisco. O concelleiro de de Infraestruturas, Mobilidade e Transporte, Miguel Caride, xunto con representantes da empresa Urbanos de Ourense, están a traballar na implantación dunha liña circular mediante a modificación do percorrido da actual Liña 18. Esta liña quere ampliarse a outras dotacións da cidade coma o Pavillón dos Remedios, o novo edificio xudicial e o Centro de Saúde do Couto. 

A nova liña circular terá o seguinte percorrido: Parque de San Lázaro > Pavillón dos Remedios > Edificio Xudicial > Centro de Saúde O Couto > Pardo de Cela > Progreso > Posío > Rúa Coruña > Pena Trevinca > Biblioteca - Complexo de San Francisco > A Milagrosa > Rúa Emilia Pardo Bazán > Avenida da Habana > Parque de San Lázaro.

Agárdase que a liña poida empezar a prestar servizo inmediatamente e manterase, coma o resto das liñas, até a nova adxudicación do transporte colectivo de viaxeiros, no que se revisarán as diferentes rutas e demandas. Poderíanse incorporar tres vehículos a esta nova ruta para mellorar, na medida do posible, as frecuencias de paso dos autobuses.