Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Transporte Público

Áreas

Deste xeito, o concelleiro de Transportes e Infraestruturas, Miguel Caride, ao remate da xuntanza que tivo esta mañá, daba conta de que se manteñen en servizo todas as liñas pero cun so vehículo por cada unha delas e en horarios normais, isto é, de luns a venres en horario laboral, mentres que sábados e domingos cos seus horarios propios. Mantense a suspensión que se acordara do tren turístico das termas, que afecta a todas as unidades dispoñibles, así coma o servizo nocturno denominado “Moucho Bús”.

En canto á utilización do transporte urbano, acórdase limitar a súa ocupación a un 30% da súa capacidade normal, debendo deixar libre a parte dianteira, cunha distancia mínima ao conductor de 1,5 metros, ademais de deixar libre como mínimo un asento entre os pasaxeiros, e unha fila entre as ocupadas. Aos vehículos entrarase e sairase pola porta traseira, quedando inhabilitada a porta dianteira.

Outros dos acordos dados a coñecer por Miguel Caride está relacionado coa suspensión do cobro da taxa polo uso deste servicio mentres se manteña o período de alarma polo coronavirus, poranse á disposición dos usuarios xeles con solucións hidroalcohólicas para a hixiene de mans e adoptaranse todas as medidas precisas para a desinfección dos vehículos.

Tamen se instalará en lugares visibles dos vehículos un aviso no que se lembran as medidas dispostas no Real Decreto polo que se declara o estado de alarma para a xestión da situación de crise sanitaria, entre as que se atopan que as persoas únicamente poden circular polas vías de uso público para realización de diferentes actividades, entre as que se atopan aquelas relacionadas coa adquisición de alimentos, productos farmacéuticos e de primeira necesidade. Tamén se inclúen a asistencia a centros, servizos e establecementos sanitarios, así como desprazamentos a lugares de traballo para realizar a súa prestación laboral, profesional ou empresarial.

Tamén se inclúe entre esas actividades para desprazarse nos autobueses urbanas, o relacionado coa asistencia e coidado a persoas maiores, dependentes, con discapacidade e todas aquelas especialmente vulnerables, desprazamentos a entidades financieiras e de seguros, aquelas por causa de forza maior ou situación de necesidade, e todas aquelas actividades de análoga natureza que haberá de facerse individualmente, salvo que se acompañe a persoas con discapacidade o por outra causa xustificada.

Neste senso, Miguel Caride recalca que o artigo 20 do ditado Real Decreto establece que o incumplimento ou resistencia ás ditas ordes das autoridades competentes no estado de alarma serán sancionados con arranxo ás leis. Iso leva consigo que “as autoridades podan esixirlles aos viaxeiros que xustifiquen a necesidade de usar o transporte con calquera das actividades recollidas no artigo 7.1 do Real Decreto”, sinala o concelleiro de Transportes, que quere incidir na necesidade de “seguir o que se establece nas medidas e só utilizar o autobus se é estritamente necesario”, aconsellado que os ciudadáns “queden na casa para evitar calquera tipo de contaxio”.