Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Transporte Público

Áreas

O Concello de Ourense reforzará, desde o luns 30 de marzo, cun autobús máis as liñas 7 [Covadonga – A Valenzá] e 15 [Santa Cruz – Parque de San Lázaro], atendendo as peticións dos ususarios. Así o fixo saber esta mañá o concelleiro de Infraestruturas e Mobilidade, Miguel Caride, logo de coñecer a dispoñibilidade da empresa concesionaria.

Ambas liñas cobren traxectos nos que hai emprazadas diferentes dotacións sanitarias e de atención a persoas maiores, polo que mentres dure o estado de alerta sanitaria decretado polo goberno para pórlle freo á expansión do virus COVID-19, manterase o reforzo.

Caride Domínguez apuntou tamén que desde o goberno municipal se están a revisar continuamente as circunstancias da poboación para adaptar, “dentro das limitacións da concesión”, os servizos ás necesidades reais.