Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Transporte Público

Áreas

A chegada da 14ª etapa de La Vuelta a Ourense, mañá día 4 de novembro, obriga a modificar o percorrido de nove liñas de autobús urbano no tempo que duren as restricións de tráfico.

Así, as seguintes liñas que circulan en dirección Santa Cruz comezarán e finalizarán na Rúa Eulogio Gomez Franqueira até a fin da proba:

  • 1 Seixalbo – Quintela (Eirasvedras)
  • 3 Rairo - Quintela
  • 33 Cumial - Quintela
  • 15 Parque San Lázaro – Santa Cruz

Ademais, estas outras liñas veranse obrigadas a modificar o seu percorrido e, polo tanto, as paradas.

5 Reza – Ceboliño

Desde a primeira hora da mañá e ata o fin da proba queda suprimido o servizo da liña 5 por Vista Fermosa. O percorrido alternativo en ambos os sentidos realizarase pola Estrada de Reza. En dirección Reza parada provisional fronte ao bar Pijú e en dirección centro cidade fronte ao bar Pijú e cruzamento baixada do Seminario.

Así mesmo, a partir das 15:00 horas o comezo e final da liña realizarase na Rúa Xavier Prado Lameiro (Parada Bus Campo de Fútbol). O tramo desde a Rúa Ervedelo (Campo de Fútbol), Vista Fermosa ata Reza queda suprimido en ambos os sentidos debido ao corte de tráfico.

6 B Estación de Autobuses – Couto – Residencia

O percorrido de volta farase en dirección Residencia polas Rúas Eulogio Gómez Franqueira- Avda. Caldas – Centro da cidade ata a Residencia. Queda suprimido o tramo desde a Estación de Autobuses ata o Couto.

12 Estación de Autobuses – Pazo – Expourense

O percorrido de volta farase en dirección Pazo polas Rúas Eulogio Gómez Franqueira- Avda. Caldas – Centro cidade ata o Pazo.

13A Palmés - Residencia
13 B Palmés – Cuña

Debido a que parte do percorrido das devanditas liñas estará cortado pola proba ciclista, os autobuses no momento en que se corte o tráfico sufrirán retencións. No momento en que nos autoricen, restablecerase o servizo con normalidade.