Praza Maior 1 988 388 100 | VOLUNTARIADO, Servizos Básicos. 988 388 133 (de 9 a 14 h)

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Transporte Público

Áreas

Os autobuses urbanos do Concello de Ourense adoptarán as últimas medidas dispostas pola Xunta de Galicia na Orde do 9 de novembro -que modifica a do día 4- en materia de medidas de prevención específicas como consecuencia da evolución do COVID-19.

Así, e de maneira inmediata:

  • Permitirase a ocupación do 100% dos asentos.
  • Restrinxirase a ocupación das prazas de pé a 1/6 do total.
  • Prohibirase comer en traxectos inferiores a 2 horas.

  • Consulta o DOG (pdf)

O Concello de Ourense solicítalles aos usuarios que durante os próximos días procuren utilizar os autobuses urbanos só se resulta necesario, e continúa a realizar un seguimento diario dos servizos para adoptar as medidas que, no seu caso, sexan precisas.