Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Transporte Público

Áreas

A xunta de goberno local do Concello de Ourense aprobou as bases reguladoras do procedemento para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi na cidade.

As persoas que aspiren ao permiso -a obtención da licenza será outro trámite posterior- deberán cumprir, entre outros, cos seguintes requisitos: ter o permiso de conducir da clase B ou superior en vixencia; estudos de ESO ou equivalente; coñecemento das vías públicas, lugares de interese turístico, hospitais, oficinas públicas, centros oficiais, hoteis da cidade... así coma os itinerarios mais adecuados e directos para chegar ao lugar de destino; coñecementos de galego e de castelán; primeiros auxilios; ou atención a persoas con mobilidade reducida ou que presenten algunha discapacidade.

Os exames, que se realizarán nas dependencias da Concellería de Transportes, constarán de 44 preguntas tipo test (agás a do itinerario) con 3 opcións e só unha verdadeira. Para acadar o apto é necesario ter superadas as diferentes partes da avaliación.

Actualmente, o Concello de Ourense ten 104 licenzas de taxi.

Ademais deste, a xunta de goberno local abordou outros 15 expedientes achegados por diferentes servizos e áreas municipais.