Praza Maior 1 988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Transporte Público

Áreas

O Boletín Oficial da Provincia de Ourense publica hoxe as bases que regulan o procedemento para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi no Concello de Ourense. Este permiso será un requisito necesario para exercer a actividade de condutor ou condutora de taxi.

 As persoas que aspiren ao permiso -a obtención da licenza será outro trámite posterior- deberán cumprir, entre outros, cos seguintes requisitos: ter o permiso de conducir da clase B ou superior en vixencia; estudos de ESO ou equivalente; coñecemento das vías públicas, lugares de interese turístico, hospitais, oficinas públicas, centros oficiais, hoteis da cidade... así coma os itinerarios mais adecuados e directos para chegar ao lugar de destino; coñecementos de galego e de castelán; primeiros auxilios; ou atención a persoas con mobilidade reducida ou que presenten algunha discapacidade.

Os exames, que se realizarán nas dependencias da Concellería de Transportes, constarán de 44 preguntas tipo test (agás a do itinerario) con 3 opcións e só unha verdadeira. Para acadar o apto é necesario ter superadas as diferentes partes da avaliación.

Solicitudes

Quen desexe realizar o exame para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de vehículos de taxi deberán presentar unha solicitude (dispoñible no anexo 1 desta publicación).

As probas e exames para a expedición do permiso municipal de condutor ou condutora de taxi convocaranse de forma ordinaria unha vez ao ano. Abrirase o prazo da convocatoria o primeiro día laboral de maio, concedéndose un prazo de dez (10) días hábiles para presentar a solicitude, contados dende a apertura da convocatoria.

Amais, poderán facerse convocatorias extraordinarias, cando existan un mínimo de 2 solicitantes ou de forma excepcional cando así o xustifiquen as circunstancias (por causas de urxencia).

As bases que regulan o procedemento para obter o permiso municipal de condutor ou condutora de taxi poden consultarse aquí (PDF)

Enlace ao anuncio da sede electrónica: 

Convocatoria extraordinaria do exame para obter o permiso municipal de condución de taxi no Concello de Ourense