Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

Imaxe da campaña turística DeXconecta Ourensanamente.

Ourense presenta en FITUR a súa nova campaña turística: DeXconecta Ourensanamente, unha invitación para descubrir a cidade sen présas a través do benestar e a saúde. DeXconecta apela ao turismo intelixente: escoitar os visitantes e darlle forma á cidade que eles contan, unha mensaxe construída da suma dos datos recompilados e das experiencias que inspiraron os visitantes. “Presentaremos Ourense como un destino que coida corpo e mente, un destino para vivilo a través das sensacións”, en palabras do alcalde de Ourense, Jesús Vázquez.

A nosa cidade estará emprazada no expositor de Galicia (Pavillón 9, entrada pola Porta Norte), a través da Concellería de Turismo, e a presentación do destino Ourense será o mércores 23 de xaneiro, ás 14 horas

Calistenia Tinteiro

O espazo termal do Muíño da Veiga, en Eirasvedras - Quintela, conta desde hoxe con novos aseos logo da reforma das instalacións grazas a un convenio subscrito coa Axencia de Turismo de Galicia. O seu horario de apertura será de 09:00 a 20:00 horas, todos os días. Ademais desta nova dotación, os usuarios da zona tamén poden gozar do novo recinto de calistenia no Parque de Santiago (na contorna do Tinteiro), tamén realizado en colaboración con Turismo de Galicia. Ambas actuacións supuxeron un investimento de preto de 75.000 euros.

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo e o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, durante a a inauguración do novo albergue de peregrinos de Ourense.

O novo albergue de peregrinos de Ourense, o mellor de toda a rede do Xacobeo, terá un centro de interpretación do Camiño Mozárabe-Vía da Prata. Así, no albergue "Eligio Rivas Quintas", os peregrinos poderán acceder a toda a información que precisen sobre a ruta xacobeo de maior percorrido, que conecta Sevilla con Compostela.

O concelleiro de Turismo, Jorge Pumar, durante a súa asistencia a INTUR 2018

A cidade de Ourense promociona o seu potencial como destino turístico e termal na Feira Internacional do Turismo de Interior, INTUR 2018, un prestixioso certame especializado que se desenvolve na feira de Valladolid desde o día 22 ao 25 de novembro.

Fachada albergue de peregrinos

“Este convenio será un paso moi importante para a apertura ao público, á maior brevidade, do que está chamado a ser o albergue de referencia no Camiño de Santiago: pola súa dotación, servizos e modernidade”, sinala o rexedor Jesús Vázquez. O Fogar do Transeúnte reforzará a súa Campaña contra o Frío con 196 horas máis de apertura das súas instalacións nas tardes das fines de semana e festivos, entre novembro e marzo. Ambas propostas foron informados na rolda de prensa posterior á Xunta de Goberno Local, na que se aprobaron un total de 20 asuntos

Turistas visitan as rúas de Ourense.

Os turistas que visitan Ourense teñen un completo e gratuíto servizo de audioguías á súa disposición. Ofrecen unha descrición profesional con información máis de 20 puntos da nosa cidade, desde o Ourense monumental até as pontes, o conxunto arqueolóxico de Santomé ou os espazos termais do río Miño. As Audioguías, en castelán, galego e inglés, pódense escoitar online desde a páxina web da Concellería de Turismo e Termalismo. O concelleiro Jorge Pumar considera que son “un servizo máis á disposición do turista que visita a nosa cidade, e un recurso para coñecer os lugares máis emblemáticos”.

Xuntanza Geoatlantic

O centro de investigación do Instituto de Enerxías Renovables de Tenerife (ITER) está a realizar, no marco do proxecto Geoatlantic liderado polo Concello de Ourense, a análise das augas dos mananciais termais da nosa cidade.

Comité Executivo da Asociación Europea de Cidades Termais Históricas (EHTTA), en Alemaña.

Ourense avánzalles aos integrantes da Asociación de Cidades Termais de Europa (EHTTA) o programa da súa vindeira asemblea xeral na nosa cidade. O concelleiro de Turismo e Termalismo, Jorge Pumar, asistiu xunto coa deputada provincial, Ana Villarino, ao comité executivo da asociación, celebrado en Alemaña. A reunión de traballo abordou, entre outros temas, os preparativos da Asemblea Xeral que se celebrará en Ourense do 3 ao 5 de outubro, e no que se prevé a asistencia de 40 delegados de toda Europa.

Termas do Muíño.

As obras de mellora do acceso ás Termas desde a N-120 obrigan a pechar o camiño da Vía Vella desde o martes 7. A Policía Local habilitará o dobre sentido no camiño de saída desde o aparcadoiro até a N-120.

Foto Burgas

A media mensual de turistas foi de 1.651 persoas, se ben o número real foi incrementándose ao longo do ano: o mes de xuño rexistrou 2.123 visitantes.
“Ourense está chamada a converterse na gran porta de entrada a Galicia, tal e como demostra o aumento de visitantes de España e, cada vez máis, de fóra das nosas fronteiras”, apunta o alcalde Jesús Vázquez.
O número de visitantes procedentes doutros países aumentou un 353% (de 122 a 553 persoas atendidas) entre o primeiro e o sexto mes do ano, e o de visitantes españois un 217% (668 en xaneiro e 2.123 en xuño).
No caso dos peregrinos, o maior número procede de Francia (122), Estados Unidos (67) e Alemaña (55).