Praza Maior 1        988 388 100

Atopar
Buscador Concello de Ourense

Turismo e Termalismo

Áreas

A investigación sobre os usos terapéuticos das augas "seguirá adiante nas diferentes instalacións termais da cidade, pois cada unha ten unhas propiedades diferentes", avanzou o alcalde.

"O estudo Eficacia de las aguas mineromedicinales en pacientes con fibromialxia vén demostrar o que xa todos sabíamos: que a nosa cidade alberga un tesouro nas súas augas". Así resumía o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez, o resultado dun estudo de Natalia Calvo e Reyes Pérez, investigadoras da Escola Universitaria de Enfermería, realizado na piscina termal das Burgas. Trátase do "primeiro traballo científico que estuda, avalía e avala a eficacia terapéutica das augas termais, minero-medicinais de Ourense", en palabras de Jorge Pumar, concelleiro de Turismo e Termalismo.

Desenvolvido ao longo de máis dun ano nestas instalacións municipais, o estudo é fruto dunha colaboración establecida entre o Concello e a Escola, centro público adscrito a Universidade de Vigo e dependente do Sergas. Tal e como explicou o Pumar, existe a vontada de continuar esta liña de traballo coa Escola, concretándoa "na firma dun protocolo para seguir avanzando por este camiño: a posta en valor ante os profesionais dunhas augas termais que, ademais dun recurso turístico e de lecer son, ante todo, mineromedicinais, unha fonte de saúde a disposición dos ourensáns", dixo Pumar.

"O Concello de Ourense non pode facer outra cousa que aproveitar este tipo de sinerxias e apoiar os profesionais que poden axudarnos a desenvolver proxectos", resumía Vázquez Abad. "Proxectos de futuro, que creen riqueza e desenvolvemento sostible para a sociedade do futuro, que nos sitúen coma unha cidade pioneira e innovadora, na vangarda da investigación e no aproveitamento das augas termais".

Por iso, a investigación sobre os usos terapéuticos das augas seguirá adiante nas diferentes instalacións termais da cidade, pois cada unha dela posúe unhas propiedades diferentes. Investigacións coma esta abren tamén a posibilidades do turismo de saúde termal: "Son moitos máis os turistas que nos visitan por este motivo dos que cremos", resumía o alcalde.

Audio: Interveñen, por esta orde: Jorge Pumar, concelleiro de Turismo e Termalismo; Natalia Calvo Ayuso e María Reyes Pérez Fernández, investigadoras autoras do estudo; Milagros Fernández Varela, directora da Escola de Enfermaría de Ourense; e Jesús Vázquez, alcalde de Ourense.

Documentos